Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Exposicións en Santiago (II) De cando os espazos privados coordinan as exposicións

jueves, 23 de noviembre de 2023
Exposicins en Santiago (II) De cando os espazos privados coordinan as exposicins En Santiago levan un tempo facéndoo. Metro semella ser o motor que reúne vontades para levar adiante a colocación de pezas de arte nas tendas da cidade polo Nadal e, posteriormente, intervir as portas dos garaxes con fotografías artísticas.

Agora, avanzan e deciden poñer en marcha o proxecto Aberto'23 organizado pola Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia. Aberto'23 vén sendo un evento de inauguración conxunta da temporada expositiva de nove galerías de arte que se realizará entre o 21 e o 24 de setembro.

Son de toda Galicia, por Santiago a galería de Luísa Pita con "De dagas e choros" de Pierre Louis Geldenhuys, a Metro con "Meeting with remarkable trees" de Pablo Orza, a Nordés con "Engrenexes e estrelas" de Rubén Ramos Balsa, Dupla con "Eros e Tánatos" de Yolanda Dorda e Roberto González, Trinta con "Last drink. Fotos 60's-90's" de Antoni Miralda. Por Ourense a de Marisa Marimón que presenta "Entre raíces e ausencias" de José Quintanilla. Por Vigo PM8 / Francisco Salas con "Remove Walls" de Martha Araújo, Gabriel Borba Filho e Rosalind Nashashibi. Por Coruña a galería Moret Art con "Arquivo de Protocolos" de Xurxo Gómez - Chao e a Vilaseco con "Antes, a fatiga" de Rodríguez - Méndez.

Cada galería comeza o curso cos seus artistas. Pierre Louis Geldenhuys presentou varias veces as súas obras en Metro, unhas pezas ben interesantes que van dende os vestidos aos traballos coas telas, as xeometrías, o xogo de cores e intervencións que van da moda á arte para volver. Pablo Orza traballa con Metro; cos seus ensamblaxes e colaxes, obxectos atopados, manchóns, xestualidade, limitación cromática e de elementos para realizar unhas composicións realmente harmónicas. Rubén Ramos Balsa, o artista que traballa entre España e Xapón, recoñecido por ter exposto no CGAC ou na Vienal de Venecia, pola cantidade de becas coas que contou e os traballos que se moven no conceptualismo, moitas veces entre a performance, a instalación e a intervención. Yolanda Dorda, que hai pouco realizou unha gran exposición no Kiosko Alfonso, co seu estilo inconfundible de grandes formatos e enormes brochazos, a presenza dos espidos, e o protagonismo da muller e a infancia e cunha incursión moi interesante no dixital. Roberto González no hiperrealismo, a fotografía e os formatos dixitais, o pintor das figuras humanas e as illas imposibles, os labirintos e os retratos dos amigos, as torres de Babel e o mundo clásico, o lume e Arriaza. Antoni Miralda, o artista multidisciplinar que traballo co obxectos, o ceremonial, as intervencións no espazo público, a comida e o concepto Food Cultura, tal como aparece na wikipedia; ensamblaxes antimilitaristas e obras comestibles. José Quintanilla, fotógrafo obsesionado polo poder colonizador da natureza e a representación do pasado, a casa e a árbore como símbolos do que nos ata á terra. Martha Araújo, a escultora e artista plástica e performática brasileira con obras interactivas e experimentos sensoriais. Gabriel Borba Filho, tamén brasileiro, provén da arquitectura e é recoñecido polo traballo en vídeo arte, instalacións, libros de artista e performances. De Rosalind Nashashibi infórrmanos a wikipedia de que é unha artista palestino-británica que reside en Londres, traballando con película de 16 mm pero tamén realizando pinturas e gravados ao redor da observacións cotiás fusionadas con elementos mitolóxicos. Xurxo Gómez-Chao que destaca na revisión do concepto de xardín, sobre instalacións (que fotografa e edita) nas que elementos atopados na natureza interactúan e conviven con outros. De Rodríguez-Méndez dísenos que está interesado pola escultura, a acción e a palabra, pola análise e as formas de interferir na súa semántica a través de materiais primarios e formas básicas.

Para este proxecto, a Galerías de Arte Contemporánea de Galicia conta con apoio da Xunta de Galicia e Hijos de Rivera.

Tempo antes Antonio, quen cocordinaba C5 colección, estaba preocupado pola relación entre as galerías. Del lembro planificar a visita ás inauguracións por orde, igual que os pinchos que se servían, de forma que cando alguén visitaba unha delas era remitido á outra. Hai tempo que non sabemos del, pero seguramente anda a facer algo orixinal e amable, tal como el é.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES