Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coñecémonos (4)

martes, 21 de noviembre de 2023
A paz interior que nos aporta o catolicismo: un tesouro!

No ser humano hai unha especial tendencia a esconder a riqueza, e por iso se nos nota pouco; exteriormente, quero dicir.

Unha conciencia estrita, ben criada e ben cultivada, nutrida acotío con fe, esperanza e caridade, proporciona unha paz, unha felicidade, que nos transcende, que xera un ambiente do noso entorno feliz e satisfactorio, non só para o individuo senón, e tamén, para o seu próximo. Con estes tesouros ao noso dispor, a nosa principal obriga é compartilos, cultivar un paraíso que vaia substituíndo o perdido, que nos invite, e nos axude, a subir pola escaleira da Eternidade.

Foi un regalo do propio Xesús, na súa despedida presencial, séxase, na visible: "Díxenvos estas cousas mentres estaba convosco; pero o Paráclito, o Espírito Santo que meu Pai mandará no meu nome, ese havos ensinar todo e traeravos á lembranza canto eu vos dixen. Déixovo-la paz, dóuvo-la miña paz: eu non vola dou como o mundo a dá. Non vos agoniedes, nin teñades medo. Oístes que vos dixen "voume e logo volvo onda vós". Se me amásedes, alegrariádesvos de que eu vaia onda o Pai, xa que o Pai é máis cá min. Díxenvolo agora, antes de que suceda, para que, cando suceda, creades". (Xoán 14, 25-29).

(Aclaracións: O Paráclito ten tamén a misión de confirmar ós discípulos nas ensinanzas de Xesús, iluminando a súa mente, -e a través deles, a nosa-, para que comprendesen o mundo da Verdade. Xesús non nos evita as tribulacións, pero ó final participaremos da vitoria de Cristo sobre o espírito mundano).
Coñecémonos (4)
-.-

Veño falando da vida, pero, da morte, que? ¡Das mortes, pois hainas de tres tipos: A natural, que se produce cando a nosa natureza se cansa de coidar da alma, e con iso, sepáranse. A violenta, que segue abundando, pese ao que presumimos de cultura globalizada. Pero tamén temos, tamén se dá, a morte parcial, doutro nome, exilios bélicos.

O exilio é media morte, unha especie de aborto no que morren as mellores vivencias, as mellores esperanzas que leva incorporadas a persoa.

Vicente Llorens. "El retorno del desterrado". "La desilusión del retorno no es en último término sino la consecuencia del íntimo desasosiego que consume al desterrado. Ni alejándose de su patria ni volviendo a ella podrá encontrar ya cabal satisfacción. Su expatriación es un mal y un bien al mismo tiempo; vive muriendo, pero no deja de vivir; la gran actividad que despliega por fuera oculta un vacío interior; quiere olvidar su pasado, pero sólo en él se goza; sueña con el retorno y lo rechaza. Toda su existencia es un vivir a medias" (p. 126).
-.-

Recomendacións de José Emilio Alberola Colomar:
"Vivimos en un mundo dinámico marcado por las leyes de la naturaleza en el que nada permanece estable indefinidamente, todo está sujeto al cambio. En el caso de los seres vivos, estos cambios pueden alterar el equilibrio que mantenían con su entorno y hacer peligrar su existencia, por lo que necesitan adaptarse a ellos para poder seguir viviendo. La adaptación es pues una estrategia implantada por la naturaleza para preservar la vida y supone un remedio natural para restablecer el equilibrio ser vivo-entorno".

-.-

De onde, ou de que, nos vén a morriña aos galegos?

Niso non hai dúbidas: Dos castros! Neles se criaron os nosos entregos, aqueles avós, os celtiñas, e tan metidos na alma os temos, iso, os castros, que aínda perdura en nós esa morrinha, esa tristura de botar en falta aquel apego, aquela intimidade, aquel entorno tan..., ¡tan paradisíaco!

¡Que galego non a tivo, iso, a morriña, ausentado do seu territorio, do "noso" territorio! Daquela, a morriña é un sentimento de identidade. Saudade tamén, pero non é exactamente o mesmo. O que caracteriza á morriña é a tristura depresiva; para a saudade está a carencia dunha significación psicolóxica. Para entende-la morriña hai que ser galego; e despois diso, partir, ausentarse, sen volta ou con perspectivas de retorno lonxanas.

Contrapostos: Da morriña, a euforia; e da saudade o éxtase místico. Nisto admiro moito aos portugueses, porque teñen ben sabidos, moi analizados, os antónimos da alegría:

Antónimos da alegría
79 antônimos de alegria para os 5 sentidos da palavra. O contrário de alegria é:

Contrário de felicidade: tristeza, desânimo, descontentamento, entristecimento, abatimento, esmorecimento, injucun-didade, melancolia, misantropia, misantropismo, tristura, acabrunhamento.

Contrário de satisfação: insatisfação, desgosto, desagrado, desilusão, decepção, desalento, desconsolo, desaponta-mento, frustração, desolação, desconsolação, contrariedade, desolamento, desprazer, chatice, aborrecimento, maçada, desprazimento, dissabor, malestar, amuo, amargura, amargueza, amargor, amaritude.

Contrário de deleite: angústia, aflição, mágoa, pena, pesar, consumição, importunação, consternação, ralação, afligimento, dor, sofrimento, mortificação, padecimento, abalo, agrura, luto, tribulação, tormento, contristação, dolência, mazela.

Contrário de divertimento: lamento, lamúria, lamentação, lástima, queixa, choro, pranto, choradeira, carpido, plangên-cia, queixume.

Contrário de riso: sobriedade, seriedade, sisudez, taciturnidade, soturnidade, austeridade, acrimônia, circuns-peção, discrição.
-.-

Viaxar moito

¡Viaxar moito, si, pero, volver, que iso é o que fan as andoriñas; e ben que lles vai!

As persoas que viaxan constantemente adoitan ser abertas ás experiencias. (Todos, menos eu!) Esta apertura, esta facilidade, é un factor da personalidade que se refire á capacidade para apreciar ideas pouco habituais, formas de arte, experiencias variadas e estilos de vida fóra do común. As persoas que puntean alto nestes signos adoitan buscar a vivencia de aventuras, teñen boa imaxinación, son curiosas e experimentan Coñecémonos (4)un rango máis amplo de emocións. Habitualmente, as persoas cunha gran apertura á experiencia están máis en contacto cos seus propios sentimentos e tenden a ter crenzas e estilos de vida pouco comúns; ademais adoitan buscar experiencias intensas co obxectivo de mellorarse a si mesmos, ao contrario das persoas con pouca apertura á experiencia que adoitan ser dogmáticas, están en contra de canto non lles sexa familiar, e tenden a ter máis problemas aceptando os cambios que se producen na súa rutina para adaptarse a eles. A miúdo os individuos con esta tendencia dedican moito tempo para reflexionar sobre temas como filosofía, arte, psicoloxía ou metafísica.

En canto á responsabilidade: Enténdese como unha tendencia en busca-la resolución de obxectivos e metas, a utilizar a autodisciplina, e a controlar, a regular e dirixir, os impulsos propios para conseguir unha meta concreta. As persoas cunha alta puntuación neste factor da personalidade normalmente son capaces de concentrarse con facilidade nunha tarefa, e xeralmente son percibidas como obstinadas. A baixa responsabilidade asociase tanto coa flexibilidade mental e coa espontaneidade como coa falta de coherencia, coa dificultade para acadar metas e coa pereza. En xeral, os niveles de responsabilidade son un dos mellores predictores do éxito profesional e persoal que acadará o individuo na súa vida.

A extraversión. Defínese como o nivel da necesidade que ten unha persoa de recibir estimulacións externas, e con iso a súa tendencia a buscalas. Alguén que sexa moi extravertido buscará continuamente a participación en actividades intensas e maila relación con outras persoas, mentres que os introvertidos prefiren a soidade, e tamén realizar actividades máis calmas. O nivel de extraversión dun individuo ten que ver co funcionamento do seu sistema nervioso, así que se trata dun dos factores da personalidade mais estables e por tanto difíciles de cambiar. Unha persoa extravertida é aquela que prefire estar en compañía con outros o meirande tempo posible. Estes individuos tenden a buscar ambientes ruidosos e actividades de moita intensidade como deportes extremos ou de equipo; en xeral son capaces de converterse en líderes dos seus grupos sociais. Polo contrario, as persoas introvertidas non precisan tanta estimulación, e tenden a sentirse esgotadas se participan en actividades moi intensas; por iso, adoitan preferir pasatempos máis solitarios, como a lectura, a práctica da música ou a programación informática. Pero é importante non confundir a introversión con patoloxías tales como a depresión ou a ansiedade social.

A cordialidade. É un factor da personalidade común en persoas que procuran manter a harmonía social e levarse o mellor posible con outros. Nas súas características están a compaixón, a empatía, a xenerosidade e maila vontade de deixar de lado as súas necesidades para coidar das doutros individuos. As persoas con baixa cordialidade son as que teñen tendencia ao psicoticismo; a estas cústalles poñerse no lugar das outras, e tenden a situar os seus intereses por diante dos do próximo. Un exemplo de persoa con alta cordialidade podería ser un voluntario que vai a outro país a coidar de nenos enfermos; mentres que alguén con moi baixa cordialidade sería un criminal que no dubida en atracar a outros para mellorar a súa situación económica.

Pasemos ao neuroticismo, que é o factor da personalidade que predí a tendencia a experimentar emocións negativas, como ira, depresión ou ansiedade. Tamén se coñece como inestabilidade emocional, e os que a teñen, ou padecen, presentan dificultades para controlar os seus propios sentimentos, que os teñen de maneira moi intensa. As persoas con alto neuroticismo adoitan ser máis vulnerables ao estrés, perden o control das súas emocións con facilidade, e teñen tendencia a padecer enfermidades mentais, Ao contrario, os que puntúan baixo neste trazo son máis estables, e a miúdo téñense por máis felices.
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES