Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cousas Xacobeas: o Camiño en Barbadelo, San Martiño (XI)

martes, 21 de noviembre de 2023
Pasados o Campo e o Rego de Rente o Camiño de Santiago pasa fronte á aldea de San Martiño ao longo de 230 metros ata chegar ás fincas de Mercado da Serra, deixando ás beiras o Prado da Lama, Ribas, Pozo Barreiro, a Corga de Guimarás, A Cortiña, A Míllara e As Lagas. As casas de Rente quedan ao sur, a 235 metros da actual ruta xacobea.

Este lugar, e o seu topónimo, lévannos ao Mosteiro medieval de San Martiño de Barbadelo, do que, inexplicablemente algúns autores publicaron que non se gardaban Cousas Xacobeas: o Camiño en Barbadelo, San Martiño (XI)referenza toponímica nin memoria do mesmo. Esa afirmación cae polo seu propio peso, xa que o lugar de San Martiño aparece constantemente ben ubicado na documentación medieval samonense, nas documentacións de foros e nas denominacións San Martiño, Agra de San Martiño, Ermida de San Martiño e outras semellantes perto do camiño real de Lemos e do lugar de Melle.

O Mosteiro de San Martiño de Barbadelo, na Costa do Monte do Páramo, aparece identificado en varios dos documentos escritos en latín dos que compoñen o Tombo de Samos:

(Ano 904) Doazón do abade Visclafredo das igrexas de San Martiño e San Salvador de Rosende que lle viñan dos abades "Natalis, Visclamondo e Tasmiri", xunto con outros bens e enade os servos, netos de Teorenio e Agabia chamados Alexandria, Sanzia, Sisibertus, Eimerico, Ferrocinco e Vimara, e manda que os sacerdotes atendan abondosamente aos pobres, "peregrinos" e a todos os indixentes que concorran aos mosteiros e casas maiores deles dependentes.

(Ano 976) Doazón de Sunilano ao seu fillo Vermudo, dándolle, entre outros bens, "San Martiño con todos os edificios e prestacións e todos os seus servos, para que os monxes vivan segundo a régoa santa con pés alegres para serviren á igrexa, coas súas mans as traballen e tamén os destros para faceren mercé aos pobres e "peregrinos".

(Ano 985) Pleito do abade Vermudo, do mosteiro de Santiago de Barbadelo con Palla Díaz por razón duns libertos, netos de Sisiberto e Nonoi,celebrado na vila real de Elarini (Larín), que rematou co recoñecemento de que eran propios do Mosteiro de San Martiño.

(Ano 1162) Poncio de Cabrera doa a Samos a metade da igrexa de San Martiño "que está no Couto de Barvadelo".
Cousas Xacobeas: o Camiño en Barbadelo, San Martiño (XI)
(Ano 1195) Acordo do arcebispo de Braga, vencellando a Samos, "Sancti Iacobi de Barvadelo, Sancto Michaelis de Pinaria, Sancti Martini de Barvadelo e a igrexa de Marzán".

A relación de abades citados no documento do ano 1094 leva á conclusión de que, cando menos, na primeira metade do século IX xa había vida relixiosa regrada no mosteiro barbadelense de San Martiño, e que a vida cenobítica debeu permanecer activa ata darredor das primeiras décadas do século XIII, antes de que os mosteiros do val do río Barbadelo quedasen reducidos a priorado e granxas en todo suxeitos a San Xulián de Samos.

O paso dos anos fixo desaparecer a igrexa mosteiral adicada ao San Martiño Dumiense, evanxelizador da Galicia sueva, e así moitos anos despois non hai máis memoria da institución monástica fora da ermida volta hoxe en pardiñeiro cuxa situación e estado son xeralmente descoñecidos para a veciñanza de Barbadelo e para os estudosos do Camiño de Santiago.

A atención aos pobres e aos peregrinos tivo así destacada presenza nun dos puntos máis sinalados da actual parroquia de Barbadelo.
López Arias, Xaime López (Arlindo)
López Arias, Xaime López (Arlindo)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES