Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estar no colo

jueves, 23 de noviembre de 2023
Non me fales, que es infante
-lúa chea entre estrelas-,
pola airexa agarimado,
neno rexo na febleza.
Acochado polas fadas,
no teu colo hai fortaleza.
Fronte ós fríos e ás sarabias
non precisas de cautelas.
Rocha firme é o teu castelo
contra ventos e galernas.

***

Arrolado en morno seo
dunha femia que é muller,
nin tigresa nin hoplita
máis te poden defender.
Só che faltan brancas ás
pra ti logo anxiño ser.
Brando es ti pra te bicarmos,
croio nu pra te ofender,
freas ti as acres loitas
dos que arelan combater.

***

Es ti puga que te enxertas
na ferida da pereira
pra nacer e renacer,
nova ti e tamén ela.
Quen ti levas no teu colo?
Dimo, puga, ou ti froiteira.
Quente colo só ti buscas,
boa amiga desta terra.
De ti colo serei hoxe,
e ti logo de quen queiras!
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES