Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Forte mareira

viernes, 20 de febrero de 2009
Este inverno é parecido á campaña electoral en marcha. Durante o inverno, como se fose para dar a razón ós combatentes do cambio climático, sucedéronse tormentas, nevaradas, saraibas, ventarróns, tempos de relativa calma e volta a empezar. Cada inverno tocábanos unha nevada, pero neste levamos catro ou cinco, e xa temos perdida a conta. E no mar, polas fortes mareiras, non poden sair os barcos a navegar.

Entrados xa en campaña electoral, e visto a forte mareira que nos azoutou durante estes últimos tempos, imos ter uns días movidos.

Os problemas para o Partido Popular comezaron en Madrid cunhas presuntas escoitas telefónicas que pareceron salpicar a escoitados e presuntos escoitantes, a todas as esferas ou niveis do partido dos populares, e como tamén na política parece haber distrito único en todo o estado a repercusión directa estivo garantida para todo o partido, especialmente nas zonas onde vai vai haber eleccións próximamente.

O affaire “Carrera” por un cobro a través do paraíso fiscal das Islas Caimán, as tramas urbanísticas nas que resultou implicado Pablo Crespo Sabarís, outrora home forte do P.P. en Galicia, os ataques da Voz de Galicia ós gobernantes do Bng polas adxudicacións das eólicas e as oposicións de Vicepresidencia, e as numerosas páxinas dedicadas por ABC ó Presidente Touriño e os gastos da Presidencia motivaron vendavais na estratosfera política e a ras da terra, augurando que moito aínda nos queda por ver e experimentar antes de poder ir votar placidamente o domingo, primeiro de marzo, para decidir como vai camiñar Galicia hacia o futuro os próximos catro anos. Polo de pronto aí está a citación a declarar de Francisco Cacharro na “Operación Muralla” que levaba conxelada tres anos.

As campañas electorais propician estas axitacións mediáticas e políticas. Pero vai ser verdade eso de que estas eleccións son definitivas, importantes como poucas. Alomenos, os disparos son fogo real, e os relampos que cruzan o escenario parecen querer fulminar todo o que atopen o seu paso.

Ata agora, a situación foi de forte mareira. Desde o un de marzo, a calma. Pero moito nos tememos que ata entón imos ter rachas atemporaladas dentro dun temporal que vai barrer unhas cantas torretas e numerosas árbores que sen embargo van seguir impedindo que vexamos o bosque

Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania