Turismo no Courel
							Xiz, Xulio - martes, 14 de noviembre de 2023
							    	Folgoso dista da capital 108  km. que leva percorrer alomenos hora e media, polo que este concello lucense nos queda máis lonxe ca calquera cidade galega. Adoitamos criticar o estado de pavimento de autovías e estradas que foron principais, pero non hai mellor xeito de comprobar a situación ca viaxar á montaña do leste e sur da provincia para saber como están as comunicacións con zonas que se quere sexan turìsticas. 
	Na nosa montaña poñer o Gps e comprobar que os minutos que leva un traxecto son máis ca os kilómetros a percorrer pode estar ben para o viaxeiro turístico do risco e as sorpresas, pero quen vive na zona merece comunicacións decentes.
 
	Estiven no Courel participando nunha acción que patronea José María López Bourio para potenciar o turismo, a empresa e a vida nos tres concellos que conforman a comarca, e atopei xente ilusionada, intelixente, traballadora, consciente
 Son a mellor garantía do futuro daquela terra.
	O Courel é un paraíso que  temos pendente de descubrir, porque alí  tan lonxe e tan preto á vez - hai iniciativas singulares, casas rurais, restaurantes,  guías turísticos, festas, feiras, vida en fin, que agarda un turismo selectivo, respetuoso co medio ambiente, que busque natureza en estado puro, e artesanías, e alimentos naturais e xente apegada a unha terra difícil que quere seguir vivindo alí, criando alí aos seus fillos, mantendo vivos os colexios, tendo na montaña axeitada conexión con internet, e mellores vías de comunicación. É un mundo arredado da vida da cidade, pero son moi conscientes do que teñen, e están dispostos a compartilo con todo o que chegue ao Courel. 
							
							
 
							Xiz, Xulio
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora