Imos en camiño
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 16 de noviembre de 2023
No momento da concepción comezamos un camiño.
Imos en camiño cara á eternidade.
Non podemos dicir que imos en camiño cara á morte, porque ninguén, que estea no seu sano xuízo, quere morrer.
Todos aspiramos á trascendencia.
Por eso pensamos no futuro.
E POR ESO NOS IMOS ABRINDO CAMIÑO NA VIDA.
Unhas veces acertamos e outras fallamos.
Cando fallamos, temos que rectificar e coller outra rota que nos sexa máis favorable para conseguir os obxectivos desexados.
Esmerámonos todo canto podemos para que ese camiño produza bos froitos para nós mesmos e tamén para a humanidade.
Esta misión conta con noso consentimiento, con noso esforzo; pero tamén coa axuda dos demais.
SÓS NON PODEMOS, PRECISAMOS A AXUDA DOUTRAS PERSOAS:
-Precisamos a axuda dos proxenitores que se ocupen da nosa crianza.
-Precisamos a axuda de tódalas persoas do sector primario que son as que producen os alimentos.
- Precisamos ó personal da industria que os elabora.
- Precisamos o personal docente que nos facilite o acceso ó coñecemento.
- Precisamos o personal sanitario para coidar da nosa saúde física e mental.
- Precisamos ós transportistas que nos acercan productos de diferentes partes do mundo.
- Precisamos o personal de seguridade para controlar a delincuencia.
- Precisamos o personal de limpeza por razóns de hixiene.
- Os Cristiáns precisamos axuda espiritual do personal eclesiástico que guía os nosos pasos como Deus manda.
- Os doutras confesións relixiosas tamén precisan os seus respectivos guías espirituais.
Independentemente das ideas de cadaquén, todos imos en camiño e todos precisamos a axuda do Espirito que guíe acertadamente os nosos pasos.
TODOS FACEMOS CAMIÑO E TODOS SOMOS COMPAÑEIROS DE CAMIÑO.
Entre todos imos construíndo o mundo no momento que nos toca vivir.
CADAQUÉN ELIXE O TIPO DE COMPAÑEIRO DE CAMIÑO QUE DESEXA SER.
Independentemente da formación académica e da ideoloxía de cada un, todos levamos impresa a lei natural nos nosos corazóns.
Pero non sempre somos bos compañeiros de camiño...
¿A QUE N LLE CHAMAMOS UN BO COMPAÑEIROS DE CAMIÑO?
- A uns proxenitores que nos axudan a subir educándonos para sermos persoas de ben.
- A un profesorado que traballa vocacionalmene para que o alumnado poida defenderse na vida.
- A un compañeiro de clase que nos acompaña no estudio.
- A un profesional da medicina que vela pola nosa saúde co mesmo interese que o fai pola súa propia.
- A un veciño disposto a botarnos unha man cando nos ve en necesidade.
- A un compañeiro de traballo que respecta o noso ritmo.
- Ó personal da Igrexa Católica que guía as nosas almas cara a Deus.
- A unha amistade que nos leva no corazón.
- A tantas e tantas persoas anónimas que aportan benestar á sociedade...
AFORTUNADAMENTE HAI MOITAS PERSOAS BOAS QUE NOS FAN A CAMIÑATA MÁIS LEVADEIRA.
GRAZAS a todas esas persoas o camiño faise máis levadeiro.
GRAZAS a esas persoas, o noso enriquecemento interno é maior.
GRAZAS a esas persoas, o noso nivel de benestar é aceptable.
Deste xeito imos evolucionando cara a un mundo máis humano.
IMOS EVOLUCIONANDO NA MEDIDA EN QUE AS NOSAS APORTACIÓNS SON MÁIS VALIOSAS E ACERTADAS.
A veces non resulta doado acertar; pero nunca debemos desfalecer.
Sempre iremos avanzando.
O pasado, pasado está.
Do pasado debemos aprender para correxir os fallos.
Os ánimos sempre altos pensando nun futuro prometedor.
Pensar en positivo é moi aconsellable.
Con lamentacións non amañamos nada.
O que se precisa son persoas dispostas a apostar pola prosperidade.
PRECÍSANSE PERSOAS DISPOSTAS A LOITAR POR UN MUNDO MELLOR PARA TODOS.
O momento actual estánolo pedindo a berros.
¡Necesitamos pan!
¡Necesitamos educación!
¡Necesitamos paz!
¡Pan, educación e paz para o mundo enteiro!
"PAN, EDUCACIÓN E PAZ"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora