Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coñecémonos (3)

martes, 14 de noviembre de 2023
A seguinte lección de Historia, das boas, das certas, deumas en Madrid un profesor que se apelidaba "Galego", ¡e máis vivía en Madrid! Díxonos: - "Historia es la narración de los sucesos sucedidos sucesivamente en la sucesión de los siglos". ¡Carai; pero non se detivo nesas, pois explicou: - "Narración, narrativa, es la manera de contar una secuencia o una serie de acciones o hechos, reales o imaginarios, que les suceden a unos personajes. Esto ocurre en un lugar concreto y durante una cantidad de tiempo determinada. Quien cuente esta historia, relato o cuento, puede hacerlo de varias formas para generar suspenso, sorpresa, comicidad, etc. Para que una narración se lleve a cabo, los hechos (o sus apariencias) tienen que estar relacionados entre ellos e ir sucediendo sobre la línea narrativa. Así es como se consigue que el receptor comprenda, ¡y acepte!, el significado total del mensaje". En galego: Narrar é contar, contar contos, fábulas!

¿Vedes como engulimos canto nos narran? ¡Pois así nos criamos os daquel franquismo tan escuro que, de franco, de franqueza, pouco tiña, ou nada, que así nos formamos, ou mellor dito, que así nos deformamos, nos deformaron!
Coñecémonos (3)
Eu era cativo, pero quedoume a imaxe ben gravada: Aquel día no que se presentaron en Berlán un grupo de rapazas de Castroverde, ¿pedindo?, para o aguinaldo do soldado:

-Señora Josefa, usted, que tanto lleva presumido de ser hermana de Doña Ramona, la nuera de aquel Salmerón de la República, haga el favor de darnos las joyas que le fue dando su hermana, que ahora las necesitan nuestros soldados...

A avoíña foi á hucha, e algo lles deu, ¿pero? ¡O pero estivo en que, meses despois, meu pai viu unha xoia, que lle era coñecida, no peito dunha sobriña do Cura de Castroverde! ¡Todo pola Patria!

O neno, que tal oíu, entendeuno todo, ¡todo!, pois nada preguntou.

¿E logo, nas casas, na de cada quen? Pois..., o dito; unha vida cavernícola, ou máis exactamente, momificada: Os perseguidos non falaban, por medo ás acusacións; e os perseguidores, ¡esa soberbia dos pecadores!, escondendo as súas atrocidades, que nin llelas contaban á nai que os pariu!

Nas casas, silencio, e nas huchas, coresma, requisas; unha coresma interminable. Disto pouco se ten falado, e escrito, menos: Galicia foi a despensa, inicial, central, definitiva, da nosa Guerra Incivil; tanto en homes coma en cartos e en alimentos.

Na miña casa:
-Meu pai, perseguido a morte por aqueles incivís do cuarteliño de San Cibrao, -xa o teño relatado non sei cantas veces-, durmía nunha pedreira que, co tempo, convertina en ¿panteón familiar? construíndo nela esta casiña-panteón daquelas lembranzas.

Farto de durmir cos sapos e coas pinchorras, unha noite, andando, e polo travesío para mellor esconderse, presentouse en Lugo, para dicirlle a Manuel Portela, ao amencer: - "Aqui me tedes: ou me fusilades, ou me das un salvoconducto para ese José López de Haro y del Rey...". Firmoulle unha credencia, e..., ¡salvouno, salvárono! ¡Salvouse do fusilamentro pero non das enfermidades que colleu naquelas noites da pedreira, que lle/que nos amargaron a vida!

-O primo de meu pai, na casa partida, fillo de moza, fillo do veciño de enfronte, Daniel Gómez Carballedo, que lle dispararon en balde na nosa palleira porque..., ¡xa non estaba nela, que se fora a tempo, refuxiándose na Marronda, bosque impenetrable, daquela, da Baleira, que xa non estaba baleira senón ateigada de fuxidos! Eu, con sete anos, aquela noite presenciei aqueles disparos, e tamén a loita, corpo a corpo, de meu avó con un Garda do Corgo.

Se alguén me preguntase a que xeración pertenzo, non tería dúbidas: ¡Á dos trinta, á dos trinta pecados capitais; pero eu non pequei, pecaron comigo! Retrocesión ao silencio e á miseria das cavernas, alumándonos con tizóns; medo aos lobos, en particular aos azuis; onde non había silencio había mentiras; a culturización tivo unha eclipse total, e menos mal que se volveu ás escolas “do ferrado”; etc., etc. ¿En definitiva, quen son; como somos? ¡Uns seres deformados polas circunstancias Coñecémonos (3)ambientais, que non se parecen en nada, ou pouco, aos que comezaron formándose, pero que se escachizaron cos disparos dunha guerra incivil, que encima diso pasou á Historia como Civil!

As vacas seguían co xugo..., pero, en vez de loras, frechas!

A todo isto, naquela metamorfose, fixéronnos crer que nos asentaban nas butacas reais. ¿Foi un meigallo? ¡Non, que foron Corenta!

¡Agora comprendo o doado que lle foi a Lucifer engaiolar á Eva! Pero non sigo con isto, pois, de tan dramática que foi aquela crianza, aquela xeración, estes rapaces, este lectores do XXI, ides pensar que estou narrando!
-.-

Traumas humanos. A adaptación ao medio. Os traslados residenciais.

¡Que pouco se fala diso, coa importancia que ten, tanto para a nosa saúde, física e moral, como psíquica!

Entrando en Sidi Ifni, desde a miña fiestra aérea, no ano 1953. ¡Deus, que mundo tan diferente, e mais adapteime!

Cada quen padece estas traumas dunha maneira diferente, dependendo máis ben da natureza e da importancia das circunstancias que deixa atrás.

Non hai maneira garantida de evitar os trastornos das adaptacións, pero si depende moito da ilusión que puxésemos nos traslados. Hai que levantar os ánimos para desenrolar a capacidade, necesaria e suficiente, de afrontar desafíos ou situacións; aprender a ser resistentes pode servir de moito nos momentos de opresión anímica, de estrés. Neses casos, nesas situacións, non nos miremos ao espello, porque..., daquela somos outros, uns descoñecidos, uns seres en metamorfose!

Os científicos aconsellan que: Se sabes, ou notas, ou temes, que se aproxima unha situación estresante, tal que unha mudanza, xubilación, etc., acude á túa fortaleza interna, aumenta os teus hábitos saudables (os físicos, pero tamén os relixiosos), e reúne as túas redes de contención sociais. Ten presente, e non omitas a lembranza, de que xa pasaches por outras, máis ou menos parecidas, e que as superaches felizmente. Nestas situacións non te soltes do apego familiar, que non hai mellor vacina para as debilidades humanas.

A cabalo cansado, dobre esporazo; pero non é tan doado tirar forzas da fraqueza, así que,
¡a fabricar estímulos, pois aínda que o corpo estea derreado a mente pode con todo..., se lle damos esporas!
No meu Bergland dicíase: Para a Misa e para o muíño, non agardes polo veciño. ¡E non só para a Misa e para o muíño, pois este XXI entrou..., ¡a cen!!, así que compre ter na casa unha biblioteca, e..., ¡chapala!

A propósito de biblioteca: Como non me ides crer, apresurádevos a confirmalo cos vellos da miña parroquia, Montecubeiro, antes de que nos quedemos sen testemuñas. Coa desamortización foral, os dominicos fóronsenos, pero a súa pedagoxía non se eclipsou: Aqueles mestres de "a ferrado", que deixaban a parroquia baleira, nos invernos, para escolar nas dos arredores, a dúas ou tres leguas. A Unión de Montecubeiro, auténtica cooperativa, tanto no económico como no social, que nos 30 tiña..., ¡outra cousa que non ides crer: unha biblioteca circulante, da que se podían levar libros cada quince días! Etc., etc.

O noso acelerador, o actual, é de pedais, pois..., o sedentarismo frea, tanto o corpo coma o espírito! Pero se o país nos queda curto, aí están as becas "erasmus"; e para os vellos, a UNED!
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES