Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pasou o día

viernes, 20 de febrero de 2009

De folga. Pasou o día da folga que se pretende máis importante da democracia por ser a primeira na que os xuíces baixaron á rúa para facer constar o seu disgusto coa situación da xustiza en España.

A xerarquía négalle ó colectivo o dereito de folga. Ós que fixeron folga vanlles descontar o día de furia, polo que os participantes na protesta entenden que se é cuantificable económicamente é sinal de que poden plantear este xeito de reivindicacións.

O que está claro é que o mundo segue adiante, que non se afundíu o sistema, e todos seguimos a ter polos xuíces esa medio reverencia que nos producen as persoas que ostentan misións tan altas como a de xulgar os comportamentos dos demais.

Será un día perdido se a situación non varía, non hai convocatoria para falar e negociar, e o goberno segue na súa torre marfileña inaccesible.

Pero será un día histórico se a partir del comeza un tempo novo do que todos nos beneficiaremos.

Estaremos atentos ós acontecementos. Os xuíces, sen palabras, xa falaron. Agora debe falar -e mollarse- o Goberno.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES