Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coches eléctricos

jueves, 19 de febrero de 2009
Eran unhas das máis importantes atraccións das festas das capitais galegas dos anos sesenta en diante. Polas estradas case non había coches pero en calquera festa que se precisase o espectáculo comezaba cando Camarero e outros promotores de atraccións montaban as súas pistas e os vehículos comezaban a chispear.

Había colas para subir ós vehículos, e aínda se pagaba directamente ós recaudadores xa que o de pagar en taquilla e que os coches funcionasen con fichas foi moito despois.

Era todo un espectáculo no que uns participaban para non chocar e conducir o traxecto máis longo posible e outros atopaban o maior placer en facer chocar estes coches de choque, producíndose atascos que daban ó traste cunha destas viaxes en miniatura en tanto non se desfacía o atasco.

Logo os coches foron invadindo as estradas e os coches eléctricos foron unha atracción festeira máis. Ninguén se lembrou das posibilidades dun coche movido por enerxía eléctrica.

Ata agora que dentro desta crise vixente os fabricantes atoparon no coche eléctrico a taboa de salvación, e Citroen fia o seu futuro en Vigo a un modelo eléctrico da súa marca e Renault fai o mesmo en relación coa súa planta de Valladolid. Ademais, claro está, das axudas do goberno español sen as que -din- non poderán continuar adiante.

Tantos anos perdidos pola industria da automoción, páganse agora. Tiveron que pasar os anos da bonanza con resultados máis que favorables, venderon millóns de coches de importes millonarios en pesetas e na súa equivalencia despois. E de repente danse conta de que o camiño seguido puido non ser equivocado pero non foi o mellor.

Agora vai ser rendible o coche eléctrico, o coche de auga, e a saber cantas máis innovacións, sempre que veñan acompañadas de subvencións oficiais para que non se desmorone o edificio automobilístico.

Poderán ter razón en canto á situación económica. Non a teñen en canto a visión de futuro, a menos que agora como a Saulo lles viñera de repente o sentidiño

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES