Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Curiosidades Valuras (84)

viernes, 10 de noviembre de 2023
Outras acepcións da palabra Valuro II
5.- Dentro dos tipos de Meigas temos entre outras: Balura, Asumcordas, Feiticeira, Lurpia, Vedoira, Moucha, Agoreira, etc.
A meiga Balura é de figura extremadamente encurvada, camiña apoiándose nunha curta caxata. Viste roupas gastadas e vellas, leva un sombreiro a modo de capucha. O seu nariz é narigudo e ganchudo, a súa face e verrugosa, os seus ollos esbagoan constantemente e a súa ollada é terrorífica. Se un se cruza coa Balura non só non debe falarlle senón nin tan sequera ollala.
(Traducido da páxina de Internet "Descubrir Galicia, Meigas/Habelas, Hainas.../)
6.- No mesmo Cospeito atopamos unha nota necrolóxica de Dona Mercedes Rifón Paz (Vda. De Ramón Cabarcos Díaz), da Casa de Ramón de Xan en Xoibán, Vilalba, onde se nos di o seguinte "Falleció en casa do Valuro de San Martiño de Lamas- (Cospeito) el día 4 de agosto de 2020 a los 97 años de edad".
É curioso o feito de que os "Cabarcos" sexan denominados Valuros, porque a casa do Valuro da Ponte en Lugo tamén levaba o apelido de Cabarcos.
7.-Na tese de doutoramento de D. Xosé Ramón Freixeiro Mato (1992) sobre Antonio Noriega Varela, Vida y Obra. Edición Crítica. Aníbal Otero recolle o termo "baluro" como "folgazán" e "gordo ou contrafeito", o mesmo que o Dicionario Estraviz onde tamén se fai resón desta achega dicindo o seguinte: "(2) Aplíca-se ao que está grosso: Está como um baluro".
8.- Don Benito Vicetto trata de pasada aos Valuros xunto ao Conde de Lemos facendo unha carnizaría baténdose cinco contra un en El Paje de los cabellos de oro (1957), Historia caballeresca del S-XI, onde destacamos o parágrafo seguinte "Las tres mesnadas sostuvieron el combate más de cinco horas, después de empeñada la lucha, sin perder un vallado ni una altura, á pesar de la espantosa carnicería que hacían las huestes del Conde de Lemos, de Rivadavia y Maceda, de la Balura, y de Trasparga, batiéndose cinco contra uno" (Páx, 361)
VICETTO, Benito.- Rogín Rojal ó el paje de los cabellos de oro. Historia caballeresca del S-XI. J.J.M. Editor, A Coruña 1885.
9.- Atopamos a existencia dunha persoa que leva como apelido a palabra "Baluro", concretamente Manuel López Baluro, de Ousá. Aparece no B.O.P. de Lugo, de data de "Lunes 19 de octubre. Año 1863. Nº 125" e no "Distrito Electoral de Villalba" na "Lista numerada de los Sres. Electores que han concurrido en el día de hoy á votar para Diputado á Cortes y resumen de los votos que cada candidato obtuvo"
10.- Tamén no B.O.P. de Lugo do ano 1935, o día 1 de agosto, xoves, Nº 176 e tratando da "Delegación de los Servicios Hidráulicos del Miño" en "Extración de arenas- Información Pública" tomamos nota de como os nosos antepasados recollían a area dos ríos para despois vendela. Neste caso a persoa solicitante podería moi ben ser un daqueles valuros dos que falaba Anxel Fole, que recollía a area para despois vendela para a construción segundo se contempla neste texto: "Don José Abel Fernández, solicita autorización para extraer arena del río Miño, en términos de Lugo, en el trozo comprendido entre el caneiro de Aceña de Olga y el del Baluro, con destino a la venta, al precio de cinco pesetas el metro cúbico. Oviedo, 26-7-1935"

Salve Valuria!
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES