Opinión en Galicia
Vivencias
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 09 de noviembre de 2023
¡Canta riqueza hai en compartir vivencias!
¡CANTO SE ENRIQUECEN AS CRIATURAS XOGANDO!
- Actúan con plena liberdade.
- Son plenamente espontáneos.
- Entréganse en corpo e alma ó que fan.
- Esquécense de todo.
- Respiran pracenteiramente.
- Osixenan o cerebro.
- Crean habilidades novas.
- Están relaxadas.
- Son felices.
¡CANTO SE ENRIQUECEN OS ESTUDIANTES CANDO TRABALLAN EN EQUIPO!
- Comparten coñecementos.
- Comparten compañía.
- Están en sintonía.
- Adquiren confianza en si mesmos e nos compañeiros.
- Aprenden uns dos outros.
- Cultivan amistade.
- Estimúlanse mutuamente.
- Fan equipo.
¡CANTO ENRIQUECEMENTO HAI ENTRE O ALUMNADO E O PROFESORADO!
- O alumnado aprende do profesorado os coñecementos.
- O alumnado aprende do modo de ser do profesorado.
- O alumado admira ó profesorado.
- O profesorado aprende do alumnado moitas máis cousas da que se imaxina.
- O profesorado estimula ó alumnado.
- O profesorado realízase grazas ó alumnado.
¡QUE VIVENCIAS TAN INTENSAS SE DAN ENTRE UN DOENTE E O PERSONAL SANITARIO!
- O personal sanitario dedica toda a súa vida profesional a aprender técnicas novas para salvar vidas.
- O personal sanitario fai todo canto pode por devolverlle a saúde física e mental ó doente.
- O personal sanitario tamén sofre cando non ve os logros desexados.
- O doente pon a súa fe no personal sanitario.
- O doente agradece a súa curación.
- Entre o doente e o personal sanitaro créanse uns vínculos de confianza e afecto.
- Compártense entre ambos vivencias moi profundas ante unha causa común.
¡CANTAS VIVENCIAS ENTRE ESPOSOS!
- Un plan de vida en común.
- Un mesmo teito a compartir.
- Os pensamentos máis profundos.
- Os sentimientos máis amorosos.
- O amor do corazón a corazón.
- A entrega total.
- Os froitos do amor.
¡CANTAS VIVENCIAS ENTRE PAIS E FILLOS!
- O amor máis grande.
- A entrega máis grande.
- As alegrías máis grandes.
- A vida en familia.
- A tenrura personificada.
- O amor incondicional.
- A xenerosidade compartida.
E un longo etcétera...
¡CANTAS VIVENCIAS COMPARTIDAS ENTRE AMIGOS!
- Conversacións profundas e íntimas.
- Comunicación sincera.
- Diversión e ledicia compartidas.
- Compañía nos momentos difíciles.
- Apoio mutuo.
- Vivencias inexplicables.
- O disfrute do tesouro da amistade.
- As amistades son os parentes inesperados.
- Persoas aceptadas e agradecidas.
VIVENCIAS ENTRE DESCOÑECIDOS:
- Situacións nas que persoas anónimas nos botan unha man.
- Persoas que salvan vidas...
- Persoas que velan pola paz.
- Persoas que entregan as súas vidas ós máis necesitados...
E outras moitas porque todos imos de camiño.
"IMOS DE CAMIÑO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora