Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coñecémonos? (2)

martes, 07 de noviembre de 2023
Eu son eu e mailas miñas circunstancias?

Hoxe, nesta globalización actual, cuns aparellos que nos comunican, á vez, e de todas partes, coas vivencias e cos pensamentos de todo o orbe, e non só da nosa urbe, restámoslles importancia ás circunstancias, pero seguen aí, no noso firmamento, un firmamento de estrelas tan variadas pero todas con luces, ¡cando non con relampos!, que nos deixan feitos unha lúa, dándolle voltas á terra, ora con luces, ora con tebras, aparecendo e desaparecendo, que así somos de variables, de diferentes, día a día, cambiando de fases, cambiando de posicións, unhas veces de día e outras de noite. ¡En definitiva, resumindo: ninguén pode dicir como é, nin de onde é! ¡Xa non son os tempos de Ortega y Gasset!

A verba circunstancias dá, ¿ou daba?, un significado ao entorno, quere dicirse, a vivir inmersos no espazo e no ambiente que nos corresponde, que nos rodea, que nos define en cada momento. Esa idea, Coñecémonos? (2)esa luz, veulle a Ortega dunha evocación do grego Heráclito que, estando na súa cociña, foron os seus discípulos a visitalo, e sentíronse azorados, atordados ou avergoñados, ao ver ao filósofo naquelas circunstancias, ¡na súa cociña! Heráclito, ao notárllelo, díxolles: "Entrade, pasade aquí, pois na cociña tamén están os deuses!". E Santa Teresa, noutro ambiente e noutra época, tamén dixo: "Dios anda entre los pucheros".

A expresión de Ortega, ao completo, foi: "Yo soy yo y mi circunstancia, y si no la salvo a ella no me salvo yo", publicada na súa obra "Meditaciones del Quijote (1914)".

Por recia e firme que sexa a nosa personalidade, e aínda que no espello nos demos a mesma aparencia, dun momento a outro, e dun espazo a outro, ¡Deus, que diferentes somos! E logo falamos de estabilidade, pero se somos peonzas, buxainas danzantes!

Aquelas aldeíñas de Galicia de fai 50 anos, ¿que foi delas? Aqueles paisanos...? ¡Aínda que vivan, xa son outros!

Esta metamorfose tivémola do XX ao XXI; de onte a hoxe! ¿Somos os mesmos; vivimos no mesmo país?

Aínda que se viva no mesmo país, e no mesmo medio social e laboral, estannos pasando cousas continuamente lubricantes, unhas para ben e outras para mal, unhas frean e outras aceleran; por tanto, hai que ter pulso co temón, fomentar as boas en canto de nós dependan, e á vez, vacinarnos das malas. ¡Vivir non Coñecémonos? (2)é doado, pero, de ben mirado, é moi grato, formativo, ilustrativo, para con nós, pero tamén na nosa influencia externa!

Un influencer é unha persoa que conta con certa credibilidade sobre un tema concreto, e que pola súa presenza e influenza en redes sociais pode chegar a converterse nun prescriptor interesante para unha marca.

Agora que están de moda os influencers, aprendamos algo disto: ¿Por que inflúen en nós, nas propias e persoais decisións? Moi sinxelo: ¡Porque nos apetece copialos! Pero..., debemos saber, ou aprender, a identificar aqueles que, polos seus valores, estilo, ton, e personalidade, encaixen coas nosas circunstancias. Houbo un tempo no que todo valía, no que todo apetecía, mais agora, con esta globalización cultural, a escolleita faise cadora máis difícil.

Nas aldeíñas era máis fácil crer en Deus: máis humildade, e cunha natureza que nos servía de lección para apreciar a omnipotencia de Deus. Aínda mellor o tiveron naquel Paraíso Adán e mais Eva, pero..., ¡a maldita soberbia, aquela soberbia luciferina! Un deus, capaz de fabricar esta Natureza tan grata e tan acolledora, só pode ser Deus, un Señor deste mundo pero máis aínda do outro, onde preside, onde vive e reina polos séculos dos séculos. Se os ateos se sentasen debaixo dun carballo, por teimoso que sexa o seu entorno familiar, ou social, acabarían adorando ao noso Creador!

-.-

Que tivemos en común, aquí en Galicia, os nenos da década dos 30, tanto os nados e criados na aldea coma os das cidades?

¡Ante todo, e por encima de todo, que nos criamos nun silencio cavernícola! Na casa dos perseguidos, prudencia, por se os nenos, coa súa inocencia e coa súa indiscreción, dicían algo comprometedor; e na dos perseguidores, por se os descubertos xeraban vinganzas.

A propósito de falar: Lémbrome, coma se fose hoxe, o primeiro dos consellos de meu pai, mestre dos "de a ferrado": "Cando na túa escola, na Normal de Maxide, che digan que a Reconquista comezou no século VIII, non lle digas ao Mestre que minte; dille que está equivocado, pois aquilo foi a "conquista"; a "reconquista" comezou no ano 1936, que eu mesmo vin pasar aos mouros por Castroverde, camiño de Asturias, que ían re-conquistar Covadonga!".
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES