Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Curiosidades Valuras (83)

viernes, 03 de noviembre de 2023
Outras acepcións da palabra Valuro I

1.- Co nome de Baluro, co "B", aparece un topónimo na illa de Cortegada, un lugar da costa que leva este nome. Descoñecemos a súa localización pero chámanos a atención, aínda que presupoñemos que o lugar sexa case pechado ou cercado posiblemente por cantís que fagan o efecto da nosa valadura que dá lugar a Valura. Por certo, este sitio está cheo de bo marisco tal e como observamos e transcribimos do xornal La Noche:
En Rianxo
Estas dos Cofradías, (de Rianxo y de Carrol) puestas de acuerdo, por iniciativa de algunos marineros y de los celadores del Puerto de las mismas, estuvieron durante cuatro días trasegando marisco de los alrededores de la isla de Cortegada, de los lugares denominados Fradifo, Malveira, Baluro, Seba y otros...

2.- Que coa palabra Valuro se pode representar significativamente, case de todo, é verdade, aínda que predomina o que ten semas negativos, pero o que non sabiamos era que a palabra Valuro tamén pertencía ao mundo dos contos, como poden ser: "O gato con botas, Brancaneves, O patiño feo, Pinocho, Cincenta e outros". Imaxínanse vostedes un conto que se chamase "O Valuro", dígollelo porque nós descoñecemos a existencia do Valuro do conto do que nos informa El Norte de Galicia no ano 1920:
Título:- Lo del Tabaco
El tabaco es un vicio sin el cual no pueden subsistir personas y aquí en España el Servicio de Tabacalera es pésimo. La Arrendataria en vez de traer tabaco para España, lo envía al extranjero, negocio mucho más lucrativo.
Las partidas destinadas a nuestra Arrendataria salen de La Habana consignadas directamente a Francia, Inglaterra y otros mercados de fuera,
¡Y eso no es patriotismo!, que diría el baluro del cuento.
O fumamos todos o todos nos chupamos el dedo, La igualdad debe de existir, hasta para el vicio.

3.- Tamén vimos en Lugo o nome dunha rúa, Rúa do Valuro, con código postal 27004, que desemboca polo setentrión na Ronda do Carme e polo Sur na Rúa do Poeta Noriega Varela, é unha rúa pequena pero acolledora e quentiña, froito dos soles do sueste e da situación na aba sur da cidade de Lugo.
4.- En Friol, parroquia de San Xiao de Ousá existe unha casa chamada casa "Valuro" e parece ser, segundo nos contaron que os herdeiros coidan que o nome vén porque algún dos seus devanceiros era moi valente, o que viría a coincidir con unha das múltiples acepcións da palabra Valuro.
Ao lado da casa, denantes do 1900 había unha capela co seu correspondente cemiterio, posiblemente a capela primitiva fose a igrexa do pobo, pero a partir desa data cambiouse de lugar a igrexa e o cemiterio. No cemiterio tamén hai os nichos da casa e o nome do posuidor "Casa Valuro".

Salve Valuria!


NOTAS:
LA NOCHE.- Único diario de la tarde en Galicia. Ano XLVI. Nº 13587, 8 de xuño de 1965, páx. 9.
EL NORTE DE GALICIA.- Diario político y de información. Nº 5646, (21/01/1920), páx. 1
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES