Compartindo: Enriquecémonos
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 02 de noviembre de 2023
O mundo non o fai unha persoa soa por moi rica e moi sabia que sexa.
Para sobrevivir precisamos relacionarnos cos que nos rodean.
O noso ego pídenos pensar en nós.
Pero cómpre saír dun mesmo para compartir cos demais.
OS BEBÉS XA NOS DAN LECCIÓNS:
- Comparten bondade porque non teñen maldade.
- Comparten alegría porque son unha regalía.
- Comparten beleza porque non teñen tristeza
- Comparten amor porque son froito do amor.
- Comparten o que teñen e o que son: o milagre da vida.
Son como anxos celestiais.
Hai veces que conforme van medrando, vanse facendo un tanto retraídos...
Algúns proxenitores discúlpanos diciendo:
- É que non é amigo de dar...
- É que ten vergonza...
- É que non ten confianza...
PERO CANDO LLES DÁS ALGÚN REGALO:
Automáticamente perden a vergonza e collen confianza aínda que sexa tan só por un instante.
¿QUÉ NOS ESTÁ DICINDO ESTO?
- Que hai que ensinalos desde pequenos a compartir.
Hai que empezar polas persoas máis próximas.
SE COMPARTIMOS NO CÍRCULO QUE NOS RODEA, XA ESTAMOS FACENDO UNHA APORTACIÓN MOI VALIOSA Á HUMANIDADE:
- Compartindo cos da casa.
- Compartindo cos da familia.
- Compartindo coas amistades.
- Compartindo co vecindario.
- Compartindo cos compañeiros de traballo.
- Compartindo cos da propia comunidade.
- Compartindo coas persoas que encontramos no camiño da vida.
COMPARTINDO ENRIQUECÉMONOS TODOS.
- Porque facemos amistades.
- Porque exercitamos a afabilidade.
- Porque empregamos o sentido do humor.
- Porque practicamos a empatía.
- Porque a nosa xenerosidade sae a flote.
- Porque compartimos o que temos e o que somos.
CANDO COMPARTIMOS TAMÉN RECIBIMOS.
- Recibimos tempo da vida dos demais.
- Recibimos cariño.
- Recibimos comprensión.
- Recibimos compañía.
- Recibimos confianza.
- Recibimos coñecementos.
- Recibimos satisfaccións.
- Recibimos axuda.
- Recibimos algo de todo.
CANDO COMPARTIMOS, SENTÍMONOS ARROUPADOS.
Sentirse arroupado é unha necesidade vital.
- É unha necesidade ó longo de toda a vida.
- É unha necesidade para os ricos e para os pobres.
- É unha necesidade para os sabios e para os ignorantes.
- É unha necesidade para todos.
- É moi importante cando a vida nos sorrí e cando non, tamén.
GRAZAS A DEUS QUE O CORAZÓN HUMANO FOI CREADO PARA AMAR E SER AMADO
Nin é tan difícil amar.
Tampouco é tan difícil deixarse querer; incluso se agradece.
É só cuestión de boa educación.
Por eso é tan importante a boa educación que se recibe no seo do fogar.
Lástima que hoxe en día estamos moi ocupados e dispoñemos de pouco tempo para dicarlle ás persoas máis próximas.
É moi doloroso ver persoas enganchadas a aparellos electrónicos cando teñen ó seu carón alguén que agradecería conversación, consello e compañía.
OS APARELLOS ELECTRÓNICOS están moi ben para outras cousas; pero NUNCA PODEN SUSTITUÍR ÁS RELACIÓNS
PERSOAIS CON CALIDED HUMANA.
- Os aparellos non corrixen; as persoas sí.
- Os aparellos non teñen corazón; as persoas, sí.
- Os aparellos non aman; as persoas boas, si.
- Os aparellos non pensan; as persoas, sí.
- Os aparellos son indiferentes; as persoas temos emocións.
- Os aparellos ofrecen programas; as persoas regálannos vivencias.
NADA MELLOR QUE COMPARTIR VIVENCIAS ENTRE HUMANOS PARA ENRIQUECERNOS MUTUAMENTE.
"VIVENCIAS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora