Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cero grados

miércoles, 18 de febrero de 2009
De todos é coñecido o dito de que “a cero grados, non hai nin frío nin calor”, e sempre se nos dixo que o cero non tiña valor. Pero agora parece volver a telo.

En canto a precios, o dato chamativo de cada comezo de mes onde se nos indica a marcha deste referente no mes anterior, anda cerca do cero. De feito, en Pontevedra ese foi o resultado

O pasado mes de xaneiro, os precios baixaron o 1,6%, co que resultado interanual (xaneiro a xaneiro) sitúase en Galicia no 0,5%, cifra nunca coñecida.

Temos vivido épocas de grande inflación no que os intereses bancarios estaban por baixo das subidas de precios co que calquera investimento con diñeiro prestado supoñía unha importante ganancia polo feito de acometelo. Pero eso é a realidade dun lonxano pasado e na actualidade o que podía ser unha noticia excelente de contención de precios e aínda baixada é o síntoma dunha economía conxelada, paralizada, na que a quietude dos precios é síntoma de colapso mortal.

De pouco vale que esa baixada experimentada nos precios se deba ás rebaixas e ó petroleo, xa que é un síntoma de parálise social ademáis de abulia económica.

O dato que para Galicia está no 0,5% -inflación interanual- está no estado español no 0,8%, nivel que en España non se recordaba desde hai corenta anos.

Estamos perto do cero, e máis que baixaremos segundo os agoreiros.A data máxica agora resulta ser o un de marzo. Veremos se traspasado ese rubicón suben as temperaturas.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES