Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coñecémonos? (1)

martes, 31 de octubre de 2023
Coñecémonos? ¡Si, algo, por referencias!


¿Subir, medrar, ampliar...?

Solos, sen axudas, non, ou pouco; así que procede informarse, e para iso nada mellor que acudir aos grandes especialistas, aos analistas da psicoloxía, dos que tomo estes apuntes, estes consellos.
Sen bos cimentos non hai, non pode haber, ou sería un milagre, unha edificación sostible; pois pasa o mesmo coa personalidade.
Coñecémonos? (1)
Cimentación da personalidade. É básico, afirmativo, solidificador, solidify, que din os ingleses, o afecto que as persoas, os nenos, reciban, recibamos, dos pais, e/ou dos parentes e demais coidadores, o tipo de apego que nos xeren, así como a desviación dos ambientes nocivos, frustrantes da nosa crianza.
Ao cortar o cordón umbilical perdemos unha nutrición, unha herdanza, pero dannos dúas: a material, pero tamén a espiritual.

Cando nos falan de subir e/ou de medrar sempre o entendemos no sentido económico, no da prosperidade material; non está mal, tratándose dun egoísmo lícito, pero tamén existe outro, o da consolidación da nosa personalidade, o da maduración do noso carácter.
Personalidade? Esta expresión seica provén do grego "prosopón", que significaba algo así como "máscara", aludindo ás que se colocaban os actores no teatro grego para interpretar os personaxes das súas traxedias. Vén a significar, a expresar, o que se percibe, séxase, a forma coa que nos presentamos ante os demais, a imaxe que damos, que pode, ou non, coincidir, coa que queremos dar.
Tamén nos podemos inspirar no latín, acudindo ao "personare", que significa "resoar a través de...". Esta forma, esta expresión, aludía á forma na que somos percibidos polos outros, ou na que cada quen se manifesta ante os outros.
Pero a personalidade non soamente consiste na forma en que un individuo se presenta ou é percibido polos demais; a personalidade está conformada por certos raxos ou trazos que conforman patróns da forma en que o individuo percibe e se relaciona co seu ambiente e coas demais persoas, pero tamén consigo mesmo, poñéndose de manifesto nunha ampla gama de actitudes, e incluso de pensamentos, tanto sociais como persoais.
Nesta análise, a personalidade vén sendo unha calidade abstracta resultante dun conxunto de factores invisibles, non visibles, que son inherentes ao individuo, que están no individuo, e que son determinantes do máis específico da súa identidade como persoa, e por ende, do seu comportamento social e persoal característico.
Factores que forman, que conforman, este concepto:
. Trátase dunha compoñente estritamente propia e distintiva de cada individuo humano.
. É un elemento altamente integrado no individuo, que conserva os seus trazos ou signos, fundamentais e permanentes, ao longo da súa vida.
. Isto non obstante, mantense nun estado de evolución dinámica, aberto a un constante desenrolo, pero algún dos nosos signos, das nosas tendencias estruturais, das esenciais, de adquiridas, e de consolidadas, son de moi difícil modificación.
. Á vez que ten características inherentes ao suxeito mesmo, ten unha permanente interacción co mundo exterior, tanto en canto á proxección do suxeito sobre este como en canto á influencia que ese mundo exterior e maila propia peripecia vital exercen sobre esa evolución constante. Isto ocorre especialmente nas etapas iniciais da vida, nas que a integración da personalidade é máis receptiva das influenzas do medio, especialmente do familiar, e do proceso educativo. ¡Ollo: O proceso educativo non debe confundirse co proceso meramente instrutivo!

O modelo das cinco facetas.
Os trazos da personalidade son un conxunto de tendencias, comportamentos, formas Coñecémonos? (1)de pensar e patróns emocionais que se forman mediante a interacción de factores biolóxicos e ambientais. Estes trazos do carácter, -cada autor dálles a súa denominación, pero estas parecen ser as básicas, as máis usuais-, coñécense como psicoloxía da personalidade, unha disciplina que trata de ter en conta os factores biolóxicos, cognitivos, de aprendizaxe e psicodinámicos para formular os que se supoñen compoñentes fundamentais da nosa personalidade. Cada un destes aspectos está dividido, á súa vez, en trazos máis pequenos que se relacionan entre si.
Insistindo nas definicións:

Personalidade son as pautas de pensamento, sentimento e conduta profundamente arraigadas que caracterizan o estilo de vida e mailo modo de adaptación únicos dunha persoa, que son consecuencia dos factores constitucionais, do desenrolo e da experiencia social. Tamén se pode entender como o conxunto de trazos emocionais e de conduta (relativamente estables e predicibles) que caracterizan ás persoas na súa vida diaria. Non esquezamos tampouco a xenética..., "ese/a ven de boa/ou de mala familia...". ¡Este problema ten infinidade de incógnitas!
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES