Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Curiosidades Valuras (82)

viernes, 27 de octubre de 2023
A Galiña Valura

No xornal 'El Progreso' con data 21-5-1953 aparece un artigo na sección: "Galicia pecuaria", titulado, "Ante la II Feria del Campo", firmado polo eminente veterinario lugués, Juan Rof Codina, que era un dos destacados participantes daquel famoso Curiosidades Valuras (82) parladoiro do hotel Méndez Núñez, no que entre outros estaban Ánxel Fole, Luís Pimentel ou Manuel María, aínda que descoñecemos quen serían os historiadores que o aconsellaban e que posiblemente tamén fosen compañeiros da mesma cafetería os que o orientaban para que o nome da galiña de Mos fose denominada como galiña de raza valura.

Comeza o artigo dicindo que "Otro gran factor de riqueza ganadera gallega son las aves de corral y sus productos... Contaba la región con una población aviar de unos cinco millones de picos... En el programa ganadero del concurso ganadero que tendrá lugar en Madrid durante la celebración de la II Feria Nacional e Internacional del Campo se establecen recompensas para la Raza de Mos de Galicia, que es la raza de gallinas predominante en Tierra Llana de la provincia de Lugo y que debía denominarse Raza Balura, según competentes historiadores".

O feito de que Rof Codina leve ao artigo a denominación máis axeitada da galiña de Mos é moi posíbel que quen o aconsellase nestes mesteres fosen ou Celestino Fernández de la Vega ou Ramón Piñeiro, tamén asiduos conversadores deste café que, coma o "Café Gijón", recollían a elite cultural de principios do século XX.

Séguenos mostrando que "La Raza Mos, originaria de la parroquia de San Julián de Mos (Castro de Rey), tadavía no ha adquirido gran difusión, no ha alcanzado la mejora que se espera conseguir de ella, aumentando su puesta anual sin que desmerezcan sus aptitudes de producción de excelente carne y rápido cebamiento. Serán expuestos en Madrid ejemplares vivos de la Raza Mos y fotografías de capones de Villalba, por ser esta la época de ceba de dichas aves...".

Esta galiña, coñecida hoxe como galiña de Mos, aínda que apareza como oriúnda desta parroquia de Castro de Rei, o que isto escribe, recorda habela tamén por todas as parroquias da Valura ou Terra Chá, polo tanto, pensamos igual que Rof Codina, que ten un nome inadecuado, o máis acaído sería de nominala galiña de raza valura, por ser A Valura o lugar da súa procedencia e da súa aclimatación. Non sabemos quen lle puxo o nome, mais o que llo puxo, vese claramente que tiraba para a súa casa sen ter en conta a realidade, porque todos os chairegos ou valuros que temos unha certa idade coñeciámola moi ben froito de que cando chegaba a noite, os nosos pais mandábannos metelas no galiñeiro, este era un dos oficios que tiñamos os máis pequenos da casa.
Salve Valuria!


NOTAS:
EL PROGRESO: Ano XLVI. Nº 14245. 1953, maio 21.

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES