Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cousas Xacobeas: O camiño en Barbadelo, Rente (X)

lunes, 30 de octubre de 2023
A aldea de Rente é un pequeño núcleo da parroquia de Santiago de Barbadelo, dependente de Samos ata Cousas Xacobeas: O camiño en Barbadelo, Rente (X)1840, ano no que pasou a formar parte do concello de Sárria. Está formado polas casas de Beltrán, Casanova, Fino, Marcos e Aurelio, e houbo outras como a casa da Longra e a da Librada.

Rente conserva a surleste un Castro pouco estudado que é un dos catro que hai na parroquia de Barbadelo, e que dista 275 metros do Castro de San Silvestre.

O camiño dos peregrinos atravesa terras nas denominacións do Agro, Penelos, Longra, Pedredo, O Chouso, Penela, Cancelo e Cortiña e entra no lugar por un soutiño de castiñeiros deixando á dereita a pista e seguindo por entre as casas campesiñas vai na percura da pista antes de atravesar o Rego de Rente.

A casa que hai na saída do lugar é un establecemento de turismo rural no que acollen peregrinos.

Rente foi lugar aforado polo Mosteiro de Samos e o seu Priorado de Barbadelo e estivo na Idade Media moi vencellado ao Mosteiro de San Martiño de Barbadelo, situado uns 440 metros cara o oeste, non lonxe da actual aldea de San Martiño, conservándose o formal da ermida que houbo onde estivo a casa mosteiral.

Os tres casares históricos, con casas, cortes e celeiros foron aforados o 12 de Cousas Xacobeas: O camiño en Barbadelo, Rente (X)decembro de 1555 polo Mosteiro de Samos e estaban entón posuídos por Xoán Aras de Rente, Alonso Vázquez da Cervela e Miguel Fernández, capelán de Santiago de Barbadelo.

Todos os bens deses forais, obxecto de divisións e suforos estiveron baixo do dominio samonense ata a Desamortización (1836) e como Bens Nacionais foron adquiridos, tamén as rendas, por diversos particulares.

O Campo de Rente é unha vizosa carballeira, na marxe esquerda do camiño xacobeo, formado por cinco parcelas de particulares, cun total de 5.161 m/2, que estivo especialmente vencellado ao paso de peregrinos, como espazo para o descanso. Esta carballeira merecería unha especial atención de catalogación, proteción e conservación. A casa de turismo rural de Rente compleméntase con outro establecemento semellante radicante no lugar de Sabenche, distante do Camiño uns 750 metros cara o norte.

Os anteriores lugares de Vilei e San Silvestre foron obxecto de obras de acondicionamento que puxeron en valor os seus rueiros e é de agardar que se poña interese, tanto por parte das autoridades muncipais como pola Xunta de Galicia, para mellorar os seus equipamentos, con obras que supoñan o embelecemento do núcleo.
López Arias, Xaime López (Arlindo)
López Arias, Xaime López (Arlindo)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES