Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pasamos das lareiras á cultura globalizada (18)

martes, 24 de octubre de 2023
.../...
Pasamos das lareiras á cultura globalizada (18) Das lareiras pasamos aos salóns.

Nesta xuntanza estou coa nosa afillada (hoxe no Ceo, esperándome), súa nai, seu irmán (Controlador aéreo), e maila miña dona.

¡Os salóns do Ceo eses si que deben ser grandes para que caiba tantísima xente!

-.-

Lareira, compartida co Exército?

Obriga non só moral, senón legal, recollida nada menos que nas Reales Ordenanzas Militares de Carlos III, ano 1768! "Ningún soldado podrá exigir en el alojamiento que tuviere, otra cosa que cama, luz, agua, aceite, vinagre, sal, y asiento a la lumbre...".

Antecedentes: Xa nos tempos de Augusto se daba aos soldados, nos seus aloxamentos, cama, leña, sal e outras miudezas; o importe deste gasto pagábase do produto dunha contribución especial.
-.-

Quedábame, esquecíaseme...

a lareira máis importante de todas, a lareira sacra, aquela de Nazaret.

Aquí criouse Xesús, o noso Xesús, que por certo frío non pasou, iso non, xa que, carpinteiro San Xosé, e carpinteiro o propio Fillo de Deus, estelas, recortes, serraduras..., non lles deberon faltar.

(En Nazaret, os veráns son largos, moi quente, húmido, áridos e despexados, e os invernos son fríos, mollados e maiormente despexados. Durante o transcurso do ano, a temperatura xeralmente varía de 7°C a 31°C e rara vez baixa a menos de 3°C ou sube a más de 33°C.)

A lareira da Sagrada Familia tivo unha particularidade: que nela o que ensinaba era o Neno, sempre asistido do Espírito Santo, por suposto. Se daquela que subiron a Xerusalén e o deron por extraviado, o que estaba era ensinando aos propios doutores do templo, (Lucas 2, 41.52), ¿que non faría na súa propia Casa?
-.-
Unha analfabeta xenial: Da lareira á Institución de Libre Enseñanza.

Ramona Lombardero San Miguel, irmá de miña avoa. Desterrado a Lugo, como profesor, Nicolás Salmerón y Alonso, que acababa de deixar a presidencia da I República, ¡por negarse a firmar sentenzas de morte!, colleu unha criada, miña tía, guapísima e intelixente, natural de Catatrigo, da casa de Xan. Tan ben lles caeu que lle Pasamos das lareiras á cultura globalizada (18)puxeron dúas institutrices, unha de español e outra de francés.; por se isto fose pouco, casárona co fillo, Nicolás Salmerón y García, periodista, avogado e farmacéutico.

Xa en Madrid, encargáronlle as traducións de textos en francés, nada máis e nada menos que para a Institución Libre de Enseñanza, (I.L.E.)

Viúva de Salmerón, tamén lle morreran os fillos, e por se isto fose pouco, ao terminarse a guerra de España os franquistas..., ¡requisáronlle toda a herdanza, coa única excepción do mobiliario doméstico!

Está soterrada en Madrid, neste panteón, no cemiterio civil. Só nos deixaban entrar aos parentes unha vez ao ano, por Defuntos. (Anécdota: Nunha ocasión díxonos un daqueles gardas que o panteón de Palo Iglesias, frontal ao de Salmerón, sempre tiña flores porque saltaban a tapia, aló por detrás, para poñerllas; en cambio aos Salmeron roubáronlles as coroas de bronce doadas, enviadas, polo Axuntamento de París).

¿Paralelismos?, Algún hai: Gautier (Xavier Bernard Gautier), concluíndo o seu traballo sobre a guerra de Bosnia e o tráfico ilícito de armas, preferiu suicidarse a fusilar; Salmerón optou por dimitir.
Xosé María Gómez Vilabella
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES