Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Presentación do libro 'Un taxi verde e un concerto'

martes, 24 de octubre de 2023
A presentación do libro 'Un taxi verde e un concerto', será o sábado 28 de outubro ás 19:00 na Casa Habaneira de Guitiriz, con Tuco Cerviño (autor), Algo só Blanco (Presidente da A.C. Xermolos) e Pastora Veres (Nova Poesía Guitirica e asociación Lareira de Soños).
Tuco Cerviño é membro do PSdeG-PSOE dende 1993 e académico correspondete da RAC; foi deputado no Parlamento de Galicia durante catro lexislaturas, xerente do CHUAC e do hospital Gregorio Marañón, concelleiro de Oleiros entre 1995 e 2003. Pois ben, nada de toda esa intensa actividade se recolle en Un taxi verde e un concerto o libro de memorias de mocidade que vén de publicar en Galaxia e sobre o que el mesmo di: "Toda a miña vida está aquí. Entre a viaxe do tío Coca, que me levou a Raxó nun taxi verde, e o concerto de Voces Ceibes na Aula Magna de Medicina en abril de 1968. O que vén logo é un simple agromar,enfiado polo traballo e as oportunidades, as aproveitadas e as desbotadas". Acompañado por Alfonso Blanco Torrado e Pastora Veres Rosende, Tuco Cerviño estará na Casa Bananeira de Guitiriz para compartir esa parte importante da súa vida entre a infancia e a madurez.Presentación do libro 'Un taxi verde e un concerto'
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES