Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vítimas do Franquismo

martes, 24 de octubre de 2023
Cada 24 de outubro celébrase o Día Mundial de Loita contra a Polio. Coincide co Día das Bibliotecas, tamén das escolares, unha actividade que me ocupou o seu tempo no CEIP Veleiro Docampo de Castro Ribeiras de Lea e da que gardo bos recordos. Este ano ten como lema «Tecendo Comunidades» tentando destacar estas institucións como centros onde as experiencias e os coñecementos unen aos cidadáns. A COVID motivou que se Vítimas do Franquismofalara doutras pandemias, pero a nós raramente nos citaban. Sen datos fiables en rexistros oficiais, por non existir un censo de afectados, ese episodio da historia de España xerou pouca literatura. As escasas referencias están nos chamados periódicos clandestinos.

A nosa pandemia estivo marcada polas sombras. Facendo un pouco de memoria... En 1908 déronlle o nome de polio, despois parálise infantil, a un poliovirus que causou pánico nos países desenvolvidos por atacar a nenos, provocando a súa morte ou unha discapacidade. Camuflada co número 080, en España practicamente ata o ano 62 non se fala de polio, cando en Cuba, por exemplo, xa se consideraba erradicada. O réxime franquista ocultaba a súa incidencia aínda que no 1957 e procedente de Estados Unidos, xa chegara a primeira remesa, pero en pequena cantidade porque só ía estar dispoñible para os ricos. Con dúas vacinas recoñecidas foron tempos de loitas internas entre as institucións sanitarias con campañas nas que non faltaron doses adulteradas ou incorrectas. O Seguro Obrigatorio de Enfermidade (SOE) vacinou coa inxectable de Jonas Salk a un número reducido de nenos, mentres que a Dirección Xeral de Sanidade (DGS) usou a oral de Sabin. León e Lugo serviron para ensaios secretos con vacinas distintas en cada provincia, algunhas non aconsellables nin admitidas noutros países.

Mentres se optaba por unha ou outra, en España optaron por rivalidades e liortas que impediron vacinar a toda a poboación susceptible, pasando a ser "enfermidade de pobres". E así unha xeración de nenos quedamos afectados cando, dez anos antes, xa existía solución. As discordias motivaron que a vacinación masiva e gratuíta se demorase no tempo, ata que chegaron á conclusión de que era mellor evitar cada ano uns 200 nenos mortos e outros 2000 inválidos. Todo un detalle! Xa van sesenta anos da foto da primeira nena que vacinaron en León un 14 de maio de 1963. En Lugo, cun amplo cartel informativo, a campaña piloto foi un éxito porque debía ser un éxito, ao marxe do resultado.

Volvendo ao Día das Bibliotecas, da pouca literatura que xeramos porque incluso se di que desapareceron os documentos de compra, non debera esquecerse o feito de falar da vacina como pouco recomendable como medida disuasoria, culpabilizar aos pais sen ter en conta o descoñecemento e o alto prezo, etcétera. Remato cun dato curioso: algúns doutores afíns á Falanxe rexeitaron o fármaco por consideralo comunista, xa que se empezaba a aplicar na URSS. Fomos "vítimas do franquismo" e agora "esquecidos da democracia", pero disto falarei noutra ocasión.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES