Seguir loitando
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 19 de octubre de 2023
A vida é unha loita continua.
Ata hai unha oración cristiá que di que é un val de bágoas; pero tamén hai unha película que leva por título: "LA VIDA ES BELLA".
Ímonos quedar con esta última sen esquecer que hai que loitar.
* LOITAR PARA QUE REINE O BEN SOBRE O MAL QUE DESTRÚE A VIDA DE MOITAS PERSOAS:
- No corazón humano hai moita bondade.
- No corazón levamos inscritos os valores universais de convvencia.
- O corazón, ademais de bombear sangue tamén ten capacidade para bombear bondade.
- Unha persoa de bo corazón obra en conciencia.
- Un corazón bondadoso e as boas ideas fan maravillas.
- Canto máis ben reine nesta vida, máis felices seremos.
- Loitemos para eliminar o mal dos nosos corazóns.
- Loitemos contra as malas ideas que poidan pasar polas mentes.
* LOITAR PARA QUE REINE A XUSTIZA E SE REPARTAN CON EQUIDADE OS RECURSOS.
- No mundo hai sitio para todos.
- A natureza é unha naiciña moi xenerosa.
- A natureza quere ver a tódalas criaturas ben alimentadas.
- A natureza quere vernos felices.
- Debemos compartir pois hai suficiente para todos.
*LOITAR PARA QUE NON SE CONFUNDIDA A LIBERDADE COA LIBERTINAXE.
- Todos temos dereito a ser libres.
- Ser libres para elixir entre tantas e tantas opcións boas.
- Ser libres para respectar os dereitos dos outros, tamén.
- Ser libres para respectar o noso propio corpo e tamén o dos outros.
- Ser libres para: saber estar.
- Ser libres para respectar ó diferente.
- Ser libres para ser nós mesmos.
- Ser libres para ser auténticos.
- Ser libres para ser coherentes.
* LOITAR PARA QUE HAXA UN CONSUMO MODERADO.
- Cómpre consumir moderadamente porque é bo para a saúde.
- Cómpre consumir con xeito porque é bo para a economía.
- Cómpre consumir o necesario para ter unha calidade de vida digna.
- Compre non esgotar os recursos naturais.
- Cómpre non caer no consumismo porque sería un saco sen fondo.
- Cómpre non caer no materialismo porque non só de pan vive o home.
- Cómpre alimentar a alma tamén porque o materialismo escraviza.
- Cómpre ter moderación en todo e con todos.
*LOITAR PARA QUE SE RECUPEREN OS VALORES QUE NUNCA DEBERAN ESQUECERSE.
- O respecto ás persoas maiores, ás que tanto lles debemos.
- O respecto ó profesorado, que encende luces na nosa mente.
- O respecto ó personal sanitario que vela pola nosa saúde.
- O respecto ó personal de seguridade que vela pola paz social.
- O respecto ós sacerdotes que levan almas a Deus.
- O respecto ás autoridades relixiosas, civís e militares.
- O respecto na vida de familia.
- O respecto na vida laboral.
- O respecto na vida de ocio.
- O respecto na vida social en xeral.
- O respecto pola vida que é o mellor regalo que temos.
*LOITAR PARA QUE REINE A PAZ NO MUNDO.
- Paz para cadaquén consigo mesmo.
- Paz na vida de familia.
- Paz na vida escolar. ¡Fóra acoso!
- Paz na vida laboral.
- Paz na vida social.
- Paz no mundo enteiro.
- Paz para todos.
- PAZ, PAZ, PAZ...!
Hai moitos motivos polos que loitar porque a evolución do ser humano é un proceso moi lento; pero... imos indo.
"IMOS INDO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora