Listos todos
Editorial - lunes, 16 de febrero de 2009
60 persoas de Cartelle, concello de Ourense, teñen acomodo laboral actualmente na Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia segundo ven de denunciar o xornal La Voz de Galicia, extrañando tal concentración laboral nunha determinada área da Xunta de Galicia.
Parece que algo pode ter que ver no tema que o Delegado Provincial desta Consellería en Ourense sexa oriundo deste concello ourensán.
Determinadas oposicións eran aprobadas por xente pertencente ou simpatizante dun determinado grupo político -díxose- porque os que pertencían ou simpatizaban con ese grupo tiñan mellor preparación ou formación que os demais. Tamén ten chamado a atención cando en determinadas oposicións a Correos celebradas en Valladolid ofrecían unha relación de aprobados de orixe xeográfica coincidente coa de quen desempeñaba a xefatura deste departamento agora sometido a réxime privado.
A mellor preparación vese que xa non é patrimonio dun determinado partido, pero o que non está demostrado é que esa preparación se teña democratizado e hoxe sexa patrimonio de todos. Curiosamente, ven coincidir co partido gobernante en cada momento.
Como queira que non é políticamente correcto considerar que todos os partidos políticos -os políticos, en fin- son iguais ou practican similares comportamentos, hai que concluir que a preparación vai por barrios, e hoxe é patrimonio de uns e mañá dos situados enfronte. A pesar de que haxa quen proteste porque o acceso ás funcións públicas non é claro abondo, e precisamente en Vicepresidencia pretenden deixar atado e ben atado determinados temas laborais, con xente da que non dubidamos estea preparada. Pero hai determinada listeza polo medio. E non só dos examinandos.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora