Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sumar Navantia

martes, 17 de octubre de 2023
A primeira vez que unha empresa pública utilizou a lingua galega foi a Compañía Telefónica Nacional de España presidida por don Luís Solana na década dos anos oitenta. Cómpre facer memoria. A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística nun escrito dirixido ao señor Solana invocaba o espírito da Constitución española no relativo á "protección e fomento das culturas e linguas españolas", tal e como enuncia o preámbulo da Carta Magna, para que as Guías Telefónicas fosen editadas nos catro idiomas do Estado. A súa resposta a nosa misiva foi inminente e afirmativa. Así foi como as páxinas limiares e a toponímia dos concellos das catro provincias galegas daquela popular publicación respetaron o noso patrimonio lingüístico. O mesmo aconteceu nas respectivas edicións para Catalunya e Euskadi.

Non era a primeira vez que intentabamos que as empresas integradas na SEPI (Sociedad Estatal de Participaciones Industriales) -en Galicia había varias, entre as que estaban os estaleiros Astano, Bazán e Barreras- incorporasen a lingua galega nas súas actividades e mesmo que fosen respetuosas nos usos correctos dos topónimos onde estaban asentadas. Recorremos a todos os grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados buscando o seu apoio; o único receptivo foi o senador independente do grupo parlamentario do PSC por Girona, Francés Ferrer i Gironés.

Intentámolo tamén en 1992, para que Renfe subscribíse un acordo coa Xunta de Galicia semellante ao asinado coa Generalitat de Catalunya. Pero por ambas as dúas partes non houbo interese para que o réxime da cooficialidade lingüística surtise os mesmos efectos en Galicia que en Catalunya. Insistimos en varias lexislatura sen que houbese a menor receptividade gobernamental.

Por aqueles anos motivamos que o Consello Galego de Relacións Laborais aprobase por unanimidade plenaria un acordo das partes representadas na institución -empresarios, centrais sindicais e Xunta de Galicia- para que os convenios colectivos se redactasen en lingua galega incluíndo nos textos un título denominado "Dereitos lingüisticos dos traballadores". As empresas estatais radicadas en Galicia non amosaron ningunha sensibilidade, nin tampouco as representacións sindicais fixeron fincapé na consecución do obxectivo. Era evidente que para os sindicatos o tema lingüístico non tiña o mesmo interese que as revidicacións de índole económica.

Con este proceder tanto as empresas públicas como as organizacións sindicais obviaban os fundamentos xurídicos das sentenzas ditadas en 1986 polo Tribunal Constitucional resolvendo os recursos de inconstitucionalidade presentados contra as leis de normalización lingüística, que matizaban a validez do usos lingüísticos nas relacións laborais. Naquela altura un dos Xulgados do Social de Vigo, en congruencia coa xurisprudencia aludida, dictou unha sentencia favorable a un traballador da Telefónica a quen a empresa non lle quería aboar as dietas e quilometraxe por solicitar o seu devengo en lingua galega.

No acto promovido hai uns días polo Foro E. Peinador para a celebración do Día da Galeguidade Empresarial en homenaxe ao empresario Ramón Castromil, apoiado polos reitores das tres universidades, producíuse un feito transcendental: a incorporación de Navantia a este movemento de galeguización empresarial, grazas á mediación do grupo parlamentario SUMAR, e nomeadamente da súa deputada dona Verónica Martínez Barbero. A representante do estaleiro dona Isabel Carro anunciou as medidas lingüísticas que a empresa pública española referente no deseño e construción de buques militares e civís de alta tecnoloxía vai emprezar a adoptar progresivamente. Nin que dicir ten que estas medidaspoden contribuir positivamente a galeguización de milleiros de traballadores e incidir positivamentena modificación dos usos lingüísticos da sociedade ferrolá.

Benvida tamén a Seguridade A1 e Embutidos Lalinense que tamén anunciaron no mesmo acto do pasado día 10 as medidas galeguizadoras respectivas.

Xosé González Martínez, Presidente do Foro E. Peinador.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES