Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Debates electorais

viernes, 13 de febrero de 2009
Dous en banda ou tres en raia son as preocupacións dos partidos á hora de aceptar debates electorais ante os próximos comicios.

O Partido Popular, como partido máis votado nas anteriores eleccións, é partidario de debatir co seguinte partido en canto a votos, o PSOE, de xeito que Touriño e Feijoo serían as caras e voces que influirían nos electores desde a pequena pantalla.

O Bng non está dacordo, porque como forza representada no Parlamento galego entende que debe figurar tamén e participar en igualdade de condicións. Máis, se se ten en conta que é forza gobernante en Galicia gracias ós seus acordos co partido dos socialistas galegos.

E asi están as cousas, cun PP que só participará nun debate a tres se tamén hay debates a dous, e un PSOE a velas vir que non quere incomodar ós seus socios de goberno que bastantes diferencias se foron producindo ó longo de catro anos de cohabitación.

Sempre quedarán como convidados de pedra os cabezas de lista do resto da ducia e media longa de candidaturas que concorren a estas eleccións pois moi poucas delas teñen algunha posibilidade.

Noutras ocasións teñen manifestado o seu interese político en participar nos debates electorais outras listas como a que resulta herdeira do antigo Partido Comunista como presunta cuarta forza, o Partido Galeguista polos seus dereitos históricos, ou calquera das que soan algo no mundo da política aínda que sexa máis o rebumbio que os votos. Mesmo Terra Galega podería pretender que o seu lider Xoán Gato participase, aínda que íbao ter difícil cando a xustiza ven de dar marcha atrás na expulsión do seu anterior lider Pablo Padín co que a situación do liderado complícase.

Haberá debates, pero con debate previo sempre. Debate de cómo vai ser o debate político, onde vai ser, sobre que debatirán e cantos son os debatentes. O caso é debatir.

Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES