Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Entre amigos'. A exposición das persoas asociadas ao Museo do Pobo Galego.

jueves, 12 de octubre de 2023
A nova edición da Bienal Fotográfica "Entre Amigos" sitúase no primeiro piso do claustro do mosteiro de Bonaval. Este ano celebrouse a XII Mostra de Fotografía Etnográfica.

Varios persoas responderon á convocatoria realizada pola oficina de socios do Museo, con fotografías ao redor de temas que van dende a construción tradicional aos traballos e as artesanías, pasando polo mundo do mar, a etnografía industrial, antropoloxía de fenómenos urbanos, gastronomía ou festas e tradicións. Nesta ocasión contamos con trece visións de persoas socias que nos introducen no seu modo particular de enfrontarse á etnografía. Realiza o comisariado o Prof. Dr. D. Xosé Manuel González Reboredo, antropólogo e patrón do Museo.
'Entre amigos'. A exposición das persoas asociadas ao Museo do Pobo Galego.
Ao ser cumprirse, no 2023, un século do Seminario de Estudos Galegos, se suxería que as fotografías representasen o labor do SEG, en aspectos como a arquitectura e escultura populares e relixiosas: cruceiros, petos de ánimas, igrexas rurais, templos e santuarios, vivendas populares, portas e pechaduras (e chaves), hórreo, lavadoiros, pontes e pontellas, peches de propiedades, muíños, fontes, etc.). A muller e o home, a nena e o neno: a roupa de cotío, os labores agrícolas, o traballo do mar, o traballo da casa, o traballo no campo, veciñanza e socialización. Os animais bravos e domésticos partindo dunha idea de conservación coma ben natural, tanto do gando doméstico coma en semi-liberdade e da fauna autóctona, con especial fincapé na defensa da nosa natureza e da protección dos animais, mais tamén denunciando as especies invasoras que ameazan o equilibrio natural da nosa fauna autóctona; asemade, os atropelos que se están a facer cos animais, como a caza e toda caste de festas nas que se sacrifican animais. Xogos tradicionais (chave, billarda, bolos de campo...). Festas e romarías tradicionais: Entroido, Nazareno, Santo Hadrián, etc. Un dos socios, a modo de homenaxe, recolle as palabras dun membro do Seminario para explicar as súas obras.

Participaron José María Laredo Cordonie que presenta fotos en branco e negro deses obxectos que deixan de ter uso e se conservan na casa a modo de museo. Xosé Manuel González Reboredo, o comisario, tamén colabora coa súa serie de fotografías. Jesús María Devesa achega os tempos pasados a través dunhas fotos en branco e negro que falan de cando o traballo infantil tiña o seu papel. Xoán Xosé Molina Vázquez expón as fotos dunha feira actual. Clodio González Pérez presenta construcións abandonadas. Carmen Villar Alonso presenta dúas fotografías: un altar de ánimas no medio do campo e un hórreo que está caendo; cada unha delas merécelle un poema. Luís Martull Tobío concéntrase na pedra da arquitectura e a escultura primitiva. Jaime Arcay Fernández recolle corredores e balcóns das casas do interior do país. Soledad Pintos Peñaranda achega modalidades deses muros inxenuos que separan as propiedades. Nolo Suárez recolle construcións relacionadas coa auga nun branco e negro que fala dun pasado que se mantén. Monserrat Serodio Alonso acompaña o seu poema con tres fotos que reflicten as escaleiras en caracol de tres faros, un percorrido que realiza lembrando o museo. José Francisco Méndez García semella buscar as formas xeométricas puras nas construcións populares. Juan Carlos Sanjujo Baluja con fotografías de entroido e un texto de Vicente Risco, coordinador da sección de etnografía do Seminario de Estudos Galegos no que fala desta festa.

Demóstrase así, a través desta actividade, que estamos nun museo de socios e socias no que teñen un papel importante que xogar, un museo que se constrúe coa participación de todas elas, de todo o pobo galego.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES