Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Curiosidades Valuras (80)

viernes, 13 de octubre de 2023
A Casa do(a) Valuro(a) na Ponte (Lugo)

Dende o ano 1899 até o 1950 temos constancia de que no barrio da Ponte de Lugo había unha casa que era coñecida como a casa do Valuro ou da Valura, dependendo de que o herdeiro/a fose home ou muller.

Atopamos catro noticias relativas a esta casa. A primeira está referida a un intento de roubo no ano 1899, casa que debía estar rexentada por unha muller valura da que descoñecemos o seu nome, mais presupoñemos que se chamaba Anastasia. Esta noticia aparece no xornal La Idea Moderna o 15 de febreiro do ano antedito e no Curiosidades Valuras (80)apartado chamado "Reporterismo":

En la madrugada de ayer unos rateros intentaron cometer un robo en la casa conocida por la de la Valura, en el barrio del Puente.

Al ruido que producían para forzar la cerradura de la puerta que dicha casa tiene en la fachada posterior despertaron los habitantes de aquella, poniendo en fuga á los ladrones.

Llamamos nuevamente la atención de la policía para que gire algunas visitas a aquel barrio donde albergan gentes que se dedican á vivir de lo ageno, pues desde hace algún tiempo vienen repitiéndose actos como el mencionado.


Como vemos, tratan de entrar pola porta de atrás da casa da Valura, o que nos leva a pensar que os ladróns saben moi ben onde hai diñeiro, e a citada Valura tampouco era esmoleira senón que, ao contrario, debía ser unha casa podente. Parece como se no barrio da Ponte houbese bastante delincuencia a finais do século XIX.

Temos que considerar que os habitantes desta casa levan o nome de Valuro con dignidade debido a que aparecen outras noticias da citada casa. A segunda noticia é de El Progreso do ano 1946, case medio século despois, do 31 de outubro; trátase dunha necrolóxica de D. José Varela Gandoy, que é "Sub-agente de 'El Ocaso S.A.'", que faleceu aos 31 anos de idade e foi enterrado o 31 de outubro, sendo as condolencias no barrio da Ponte e na "casa do Baluro".

No mesmo xornal e ao ano seguinte, o 14 de marzo do 1947 morre un fillo do anterior, chamado José Varela Cabarcos, de 2 anos de idade. É de considerar que nesa casa, en cuestión de dous anos morren pai e fillo, quedando viúva Antonia Cabarcos Vidal. O cadáver do pequeno entérrase no cemiterio de San Lázaro e a casa mortuoria volve a ser no "Barrio da Ponte (Casa Baluro)".

Xa no ano 1950 atopamos a derradeira noticia e no mesmo xornal El Progreso aparece o pasamento de Manuel Vidal Fernández, aos 88 anos, tamén na casa do barrio da Ponte, número 68 na "Casa do Baluro", a condución do cadaleito é ao cemiterio xeral (que sería o que había na rúa Ramón Ferreiro onde hoxe está o Gran Hotel) non sen antes celebrar unha misa na parroquia de San Pedro.

Salve Valuria!

NOTAS:
LA IDEA MODERNA.- Diario democrático de Lugo. Nº 2466. (15/02/1899).
EL PROGRESO.- Ano XLIII. Nº 13476, 10 de decembro do 1950. Páx. 3.
EL PROGRESO.- Ano XXXIX. Nº 12099, 31 outubro de 1946.
EL PROGRESO.- Ano XL. Nº 12211, 14 de marzo de 1947.

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES