Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 11 de octubre de 2023
Gavelas de Toxos

Xusto cando acabei de xantar petaron na porta da miña casa. Era a parella da garda civil. Levei un susto do demo. Case se me soben arriba todos os garavanzos que acababa de comer. Non obstante, presentáronse de boa maneira e dixéronme ó instante a que viñan. Que a ver se me comportaba ben. Que os veciños estaban a queixarse de que todas as mañás, ó pé das portas das súas casas, aparecían gavelas de toxos que dificultaban as súas saídas.
Pingas de Orballo Eu, claro está, intentei negar os feitos. Asegurando que todos os toxos que collía eran para a corte e máis o cortello. Os gardas sorriron e amosáronme un vídeo por un móbil no que se me vía como deixaba gavelas nas portas do Efrén, O Arrepentido, e de Eustaquio, O Neboeiro. Como se adoita dicir, pilláronme coas mans na masa. Aínda que eu seguín intentando disimular o asunto: que o vídeo non se vía ben, que ó ser de noite podía ser calquera, que os veciños sempre me miraban mal, etc.
A garda civil armouse de paciencia e aconselloume que non o fixera máis. Ó final acabei confesando que me gustaban os toxos e que amaba a flor do toxo porque era bonita de carallo. E como me gustaba a min tamén quería que lle gustara a todo o mundo. Con outros cantos consellos máis, a garda civil marchou e eu fun para a cama botar unha sesta e soñar coa flor do toxo.
Por certo, son Olegario, O Sabugueiro, fillo do Evencio, O Aguilladas, e da Filomena, A Carracha. Son bo home pero gústanme os toxos. Mais, non pico. Iso si, pola noite, deixei gavelas en catro portas máis.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES