Aproveitando oportunidades
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 12 de octubre de 2023
O tempo non corre, voa.
Os que levamos un tempo vivido, sabemos por experiencia que pasan as horas, pasan os días, pasan os anos, pasa a vida...
E se facemos un pequeno repaso sobre a maneira de aproveita-lo tempo, dámonos conta de que aproveitamos moitas oportunidades pero tamén deixamos pasar outras.
Hai veces nas que se nos presenta unha oportunidade; pero desaproveitámola por diversas razóns:
- Agora non me cadra ben.
- Agora non teño tempo.
- Agora non podo...
- Déixoo para máis adiante.
- Déixoo para cando me cadre mellor...
E CANDO NOS DAMOS CONTA: A OPORTUNIDADE PASOU.
Esto pasa a tódalas idades e a tódalas persoas de tódals latitudes e de tódalas clases sociais, empezando pola infancia e rematando pola senectude.
PERO TAMÉN HAI QUEN APROVEITA MOI BEN O TEMPO E TAMÉN AS OPORTUNIDADES.
Así é que nos atopamos con:
- NENOS MOI RESPONSBLES que desde moi cedo aproveitan os estudios e non se desaniman aínda que lles coste.
E moitas veces teñen que facer fronte non só á dificultade dos estudios, senón tamén a un profesor que non entenden, ó acoso dos compañeiros ou a unha situación familiar complicada...
- ADOLESCENTES MOI SENSATOS que din: "OS RAPACES DA MIÑA IDADE SÓ PENSAN NO MÓBIL E NAS FESTAS"; pero eu teño claro que debo aplicarme para adquirir unha formación adecuada para vivir ben o día de mañá.
A veces trátase de adolescentes moi humildes que traballan e máis estudian ó mesmo tempo.
¡Canto mérito teñen!
- XOVES DE 24 ANOS con dúas carreiras rematadas cheos de entusiasmo para facerlle fronte a un futuro que se presenta incerto non poucas veces; pero eles bótanlle valor á vida e vena con optimismo.
- FAMILIAS NUMEROSAS que non teñen medo ó futuro porque saben que loitando sen desfalecer sempre se sae adiante.
Con esforzo e apoiándose mutuamente: compartindo pan e vivencias, cultivando xenerosidade, con empatía...
- PERSOAS DE IDADE satisfeitas co que conseguiron ó longo dos anos porque non deixaron pasar oportunidades, souberon organizarse e séntense agradecidas.
- MULTITUDE DE PERSOAS ANÓNIMAS, que, aproveitan todo tipo de oportunidades para levar unha vida mellor para eles e máis para os seus descendentes.
- PROFESORADO que dá o mellor de sí para encauzar esta infancia procedente de ambientes moi diferentes e a veces desestructurados.
Teñen que multiplicarse e multiplícanse.
UNHA CRIATURA RECUPERADA É UN ADULTO SUPERADO.
- SACERDOTES que aproveitan a oportinidade de acercar as almas a Deus, fronte a un mundo secularizado e materializado.
Traballan toda a vida ata idades avanzadas.
Viven en soidade voluntaria; pero soidade.
E moitas ocasións non poden facer vacacións para non deixar as parroquias desatendidas.
ESTÁN APROVEITANDO TÓDALAS OPORUNIDADES PORQUE UNHA ALMA QUE SE ACERCA A DEUS É UNHA ALMA SALVADA.
- PERSONAL SANITARIO que trata situacións moi delicadas e consegue devolver a saúde transplantando órganos, grazas á xenerosidade de moitas persoas ou aplicando algún tratamento de última xeración con moito cariño e entrega.
- PERSONAL DE SEGURIDADE que entrega a súa vida en contacto continuo coa delincuencia, dándolle oportunidades para que se rehabilite o maior número posible.
GRAZAS A ESAS E A OUTRAS MOITAS PERSOAS QUE APROVEITAN AS OPORTUNIDADES, o mundo vai o ben que vai; pero como queremos que vaia mellor teremos que seguir loitando.
"SEGUIR LOITANDO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora