Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día dos namorados

viernes, 13 de febrero de 2009
Celébrase o vindeiro sábado San Valentín, o Día dos Namorados, unha efeméride universal pola que se fomenta o intercambio e agasallos entre as persoas amadas. A orixe desta conmemoración é confuso, pero a versión mais extendida fala dun sacerdote nacido en Roma, alá polo S. III. Alí gobernaba Claudio III, emperador romano que levou a cabo as mais crueis persecucións contra os cristiáns, e sostiña que éstes non deberían casar entre sí, ordeando que os que así o fixesen fosen condenados a morte.

Por aqueles tempos, Valentín era bispo nunha diócese italiana e, conscente da inxustiza da prohibición, e de que o pobo debía amar a Deus e unirse libremente, casaba ás parellas de forma secreta, agasallándoas cunha fror branca que significaba pureza e fidelidade.

Cando o descobriron foi detido e levado ante Claudio III, quen intentou convencelo para que abandonara o cristianismo e se unise ó imperio romano, concedéndolle a cambio o indulto da pena por desobedecer a orde imperial.

Valentín non aceptou e Claudio sentenciouno a morte. Pero antes foi ó carcere, e neste punto aparece Xulia, a filla do carceleiro Asterio da cal, se dí,Valentín se namorou. Xulia era cega de nacemento e moi fermosa. O sacerdote faloulle de Deus; ela veo o mundo a través dos ollos de Valentín, e a fe en Deus e a tranquilidade espiritual fixo que un día Xulia poidese ver.

Finalmente o santo foi executado o 14 de febreiro de 271 e soterrado na igrexa de Práxedes, en Roma. A lenda dí que Xulia prantou unha árbore de almendros con flores rosadas e hoxe a árbore é un símbolo de amor e amizade.

Os restos de Valentín gárdanse en Madrid, na igrexa de San Antón, e a xente pídelle milagros amorosos tódolos días. A celebración do Día de San Valentín oficializouse en 1969, ano no que o calendario católico estebleceo o 14 de febreiro como recordatorio do santo.

A mestura das historias, lendas e celebracións do pasado convirtiu esa data no Día dos Namorados.

Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES