Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pasamos das lareiras á cultura globalizada (17)

martes, 17 de octubre de 2023
.../...

A lareira de Álvaro Cunqueiro

Xa non van quedando na nosa Galicia as lareiras de antano, as cociñas baixas, terreas, Pasamos das lareiras á cultura globalizada (17)nas que se facía o lume sob as grandes chimeneas de amplia campana, e sobre a terra mesma ou chan alzado, de lousa. Da chimenea colgaba a gramalleira que sostiña a caldeira na que se cocía pra o gado. Sobre o lume mesmo estaban as trébedes, nas que se poñían as tarteiras. Arredor da lareira estaban os bancos, ou e escanos, nos que a xente comía e se quentaba. A carón da lareira poñíase a callar o leite, e na gran campana afumábanse os chourizos queimando loureiro, e no teito secaban teouciños, xamóns, lacóns. O galego respetou sempre o lume, e estimou que era couxsa sacra o que ardía no lar.
-.-

Non, non é a fonte de Siloé,
pero pouco lle falta.

¡Ai Fonte do Peregrino, se falases, daquela informaríasnos de cantas caras guapas lavaches, e de canta sede apagaches! Non é difícil adiviñar que foron moitas, entre elas esta roiba belísima, tanto de cara como de corazón, e incluso de apelido: María Dolores Amor, que foi Directora da Obra Social cando a Caixa era nosa, séxase, de Galicia.

Sen fontes no camiño non habería Camiño. ¡Que si, Rubén Darío, que estou contigo en que se fan andando, pero andando de fonte a fonte..., para recargar, sexan cabazas ou pelellos, pelellos ou vidros! 

Cando pasou por aquí o Santo de Asís, eu non estaba, ¡aínda non, que me faltaban non sei cantas xeracións!, pero si estaban neste lugar, que aínda non se chamaba Vilabade, ¡porque non viñeran os abades!, os entregos da miña tátara Concordia, Concordia Carballedo, así que foron pasando a tradición de xeración en xeración, cousa que tamén fago eu deixando constancia diso neste relatorio das lareiras. Cando si estiven foi nesta última ocasión, e daquela tirei de máquina, segundo estou demostrando. 

San Francisco foi un excelso valedor dos pobres, e María Dolores tamén; doutro xeito, pero, tamén! Vellos e xubilados gozaron coas súas atencións, múltiples, amén do seu sorriso, que sempre o tiña, ¡e o ten, pois, grazas a Deus, vive, e faino pletórica de saúde! Con iso e con todo, aínda me falta vela nos periódicos, ou na tele... ¡Explícase: facer o ben, sementar bondades, non produce ruxido, non produce ondas!

¿Como podería ser, e chamarse, Verde, o noso Val Verde, o noso Castro, se Deus non nos dotase dun milleiro destas fontes frías, milagreiras? ¿Verdade que non, verdade que non sería exacto, nin exacto nin correcto?
-.-

Dar consellos na lareira, arte ou ciencia?

Arte

Busca respostas estéticas.
A arte está baseada na emoción e na intuición.
É idiosincrática.
Aliméntase da comunicación visual e/ou sonora.
É evocativa.
Baséase en valores que rompen tradicións.

Ciencia
Busca o coñecemento e a comprensión de tódalas cousas.
Baséase no uso da razón.
Vive da normativa.
Require unha normativa para a súa comprensión.
A súa estratexia é explicativa.
Aliméntase, nútrese, de valores sistemáticos baseados na tradición e no cumprimento das normas.

Os consellos ou se dan a conciencia, ou traballamos para o diablo. A frase non é miña senón que a herdei de meu avó. ¡É culpa, ¿ou mérito?, del, por sabelo todo, todo de Pasamos das lareiras á cultura globalizada (17)todo o que daquela se sabía! (O médico Quiroga de Unamuno, neto de D.Miguel, era fillo do ilustre José María Quiroga Pla, poeta, ensayista, periodista e traductor, ¡outro ilustre que estorbaba! Desterrado, Quiroga Pla morreu en Ginebra, no ano 1955).
Para os consellos non fai falta dispoñer dunha lareira, ¡aínda que eran axeitadas para iso!, pero si dunha experiencia e dun criterio maduros, perfeccionados; se non perfectos, si tendendo a iso, á perfección, séxase, coa mellor das vontades. En canto á experiencia, a labor de meu avó como curandeiro, albeitar, veterinario sen título, e por tanto visitador e coñecedor dun número considerable de familias e de situacións, dáballe pé, ocasión, para unhas análises comparativas cuantiosas, cuantiosas e atinadas. Polo que fai a criterio, isto só madura acumulando moral e prudencia, séxase, intelixencia sa e construtiva.
¡Canto ben, ou canto mal, pode facer un consello! De aí a responsabilidade do conselleiro. Mais para opinar tamén se precisa oír, oír ás partes, e mellor por separado; contrasta-los seus informes, os seus argumentos. Da escrupulosidade de meu avó daba fe aquela sentencia súa, tan esixente, pois dicía: "Do oído, nada crido; e do visto, a metade!". ¿Era, ou era, esixente, incluso consigo mesmo? El refería que aprendeu moito dun veciño que sempre acudía a dous avogados: No despacho dun deles presentábase como denunciante, como inxuriado, como prexudicado; e no outro, como denunciado. ¡Estes galegos...!
-.-
A torre de control da actividade agropecuaria

As torres de control da nosa agricultura tamén eran as lareiras; abaixo, si; a ras da terra, si; pero desde elas outeábase o ceo, controlando, en consecuencia, tódolos movementos, tódalas saídas e tódalas entradas.

As premonicións do tempo tamén eran cousa dos avós, expertos en postas do sol, que lles indicaban, sen lugar a error, o prognóstico do día seguinte. Comentando os datos do día, despois de reza-lo rosario, iso si, e de muxi-las vacas, tamén, por suposto, cadaquén aportaba as súas iniciativas, pero a decisión era un atributo, ¡outro máis!, dos avós, que a tomaban desde a súa cadeira, ¡desde a súa torre!

Con respecto ás terras: Aínda se usaba o arado romano, aqueles de madeira, e iso por dúas razóns: porque, coa guerra, escaseou o ferro, e tamén porque en terra branda ou ben traballada e ben abonada os seus sucos eran liviáns e non soterraban demasiado a semente. Diciámoslle "romano" pero teño para min que xa o tiñan os nosos oestrimnios; o que seguramente fixeron os romanos foi adaptarlles unha rella de ferro.

Tivo unha parte negativa o de pau, e foi que, las ladeiras, ¡todo Galicia é unha ladeira!, entre a gravidade e mailas chuvias, a terra boa, a lixeira, a movediza, foi descendendo, costa abaixo. Claro que non hai mal que por ben non veña pois así, século a século, fóronse enchendo e aplanando os nosos vales; ¡a continuación, prados verdes, infinitos!

A propósito das aradas: Nunca vin que o mencionasen nos libros de psicoloxía, pero o certo é que non había mellor síntoma, trazo ou característica definitoria do carácter e da valía dun home que a observancia da súa arada, das súas labranzas: Regos tortos e desiguais, home trapalleiro, tamén, en todo o demais!

Xosé María Gómez Vilabella

.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES