Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Este vaise e aquel vaise...

jueves, 12 de febrero de 2009
En Galicia quedan baleiras as aldeas. En tempos, pola emigración especialmente a Hispanoamérica, que motivou os versos de Rosalía. Ou ó resto de España e a Europa. Agora, o imparable trasvase do campo á cidade.

Opinan os técnicos que o campo galego estaba sobrepoboado e era imposible que do cultivo da terra pudiesen vivir as poboacións rurais que empezaron a minguar pola corrente migratoria, especialmente dos anos sesenta.

Pero as correntes non son racionais e se, en principio esa sangría racionalizaba os asentamentos, a despoboación chega a ser total en numerosas poboacións galegas. Non hai máis que viaxar polas estradas que aínda atravesan pequenos núcleos rurais para apreciar as numerosas casas abandoadas. E a situación no campo é moito peor.

Segundo o Instituto Nacional de Estadística en Galicia –a dos nove mil núcleos de poboación- hai 1.320 que non teñen ningún habitante, e a cifra incrementouse en sesenta no último ano. E a poboación que queda é moi maior e non se atreve a marcharse ou vai para a residencia da terceira idade que queda máis perto, co que a tendencia hase de agudizar.

Dos 1.320 mencionados, 549 pertencen á provincia de Lugo, 512 á Coruña, 144 a Pontevedra e 115 a Ourense. Triste rosario de cifras que falan de morte social, de desaparición de núcleos habitados antes cheos de vida.

Pénsase que algún día se vai invertir o proceso e habitantes das grandes cidades volverán ó rural, volta que polo de agora se produce en cantidades anecdóticas.

O tema debera preocupar a todas as institucións oficiais -concellos, autonomías, Estado- porque esta sangría e conseguinte baleiro a ninguén beneficia, e só ruina e abandono trae para amplas zonas da nosa xeografía. Física e humana.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES