Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ante as eleccións autonómicas: Esiximos coherencia

miércoles, 11 de febrero de 2009
Ante as eleccins autonmicas: Esiximos coherencia

E sentidiño común. Polo menos non se botar fóra das normas elementais de educación e boa crianza que rexen nas comunidades humanas que, coma no caso da nosa Terra, tenta ser cívica, tolerante, democrática e moderna. Temos dereito a que se nos teña en conta e se nos trate con respecto. Como persoas. Coa liberdade e o dereito de elixir e de votar. A quen decidamos nós..O tempo de eleccións, aínda que un ano máis o fixesen coincidir co entroido, non lle concede a licenza carnavalesca para botar mais lixo enriba desta nosa fermosa Terra enchéndoa de insultos, mentiras e outras barbaridades a eito.

Seguimos coa reflexión. Ollando feitos e escoitando o que acontece nas rúas, comentan os xornais, ou se debate nas cadeas de televisión/radio. Berros, insultos, a eito. Palabras, a esgalla. Palabras, palabras, palabras. Semella que se lles dá a razón aos que más berran e insultan. Velaí o vergoñento, absurdo e mesmo encrespado diálogo de xordos que ven de amosar a última sesión plenaria do Parlamento, sobre o tema de mais urxencia e interese deste País. Os nosos venerables e respectables pais da patria, os nosos verdadeiros e únicos representantes na salvagarda da fortaleza da democracia convertidos en comparsas dunha liorta con ar de esquizofrenia onde se fai imposible o punto de encontro. ¡Chámese pacto ou negociación!. Que contradición. Cadaquén coa súa teima. O País parece non contar. Guerras e liortas cara a galería. Inútiles. Así non se vai a ningures. Máis palabras ao vento. Segue a faltar coherencia...e o respecto.

Acercándonos ás autonómicas, segundo se aproximan as datas decisorias, aumentan as escaramuzas e o nerviosismo. Reina a des/cualificación do adversario. Non se repara en medios. De volta da busca (porta a porta) de votos polo feudo americano (agora xa feudo comunal de todos os partidos) coas promesas de tempos idos e coas mesmas armas (somos xente de tradición) os candidatos, cos seus equipos, preparan a última ofensiva na propia casa. Son milleiros os carteis coa figura dos candidatos colgadas polas rúas, prazas das nosas vilas/cidades. Xa se están a pisara (recorrer) tamén porta a porta,.as aldeas, vilas e cidades da nos Terra. Xa están fixadas as datas das xuntanzas cos líderes dos partidos. ¡Todo a punto!. ¡Canto diñeiro se leva invertido.... e se vai a inverter en “máis do mesmo”, en tratar de convencernos de que “cada un deles (por separado) son os mellores”, mesmo “os únicos que poden e nos van salvar de todas as crises....”¡Pobres! (No meu interior, cústame ver que eles crean que son, de verdade, cribles)

Falando da inversión...maxinan vostedes a cantidade de diñeiro que se podería aforrar “se todos os partidos prescindisen dos carteis, pancartas, concentracións (con reforzos e figuras de ámbito estatal) millóns de anuncios, programas (radio/prensa e televisión) e do conxunto de gastos que leva consigo cada campaña!? .Incalculable. Certamente, moito diñeiro. Por outra parte, cremos realmente que as campañas tal como se están a facer, mudan o voto!?. Se analizan, a fondo, o que pasa...todos sabemos (máis/menos) o que pensamos, queremos e imos facer. ¿Ou non!? Coido que vale a pena, polo menos, poñer en dúbida a cuestión. A reflexión ten de levarnos a algún lugar...máis seguro, máis noso, máis controlable.

Pola miña banda, lembro a idea.inicial: ¡coherencia! Coherencia que nos ten de levar ao camiño da solidariedade, que será o tema do próximo día.

Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES