Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Presentación de 'Un Taxi verde e un concerto' de Tuco Cerviño

viernes, 22 de septiembre de 2023
Presentacin de 'Un Taxi verde e un concerto' de Tuco Cervio Presentación o luns 25 de setembro ás 20:00 no Vello Cárcere de Lugo co autor, Tuco Cerviño, Lara Méndez e Xulio Pardo de Neira.

Tuco Cerviño é membro do PSdeG-PSOE dende 1993 e académico correspondete da RAC; foi deputado no Parlamento de Galicia durante catro lexislaturas, xerente do CHUAC e do hospital Gregorio Marañón, concelleiro de Oleiros entre 1995 e 2003. Pois ben, nada de toda esa intensa actividade se recolle en 'Un taxi verde e un concerto' o libro de memorias de mocidade que vén de publicar en Galaxia e sobre o que el mesmo di: "Toda a miña vida está aquí. Entre a viaxe do tío Coca, que me levou a Raxó nun taxi verde, e o concerto de Voces Ceibes na Aula Magna de Medicina en abril de 1968. O que vén logo é un simple agromar, enfiado polo traballo e as oportunidades, as aproveitadas e as desbotadas".

Acompañado pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o professor e escritor Xulio Pardo de Neira, Tuco Cerviño estará no Vello Cárcere de Lugo para compartir esa parte importante da súa vida entre a infancia e a madurez.

Un libro que conxuga historia, novela, biografía, antropoloxía investigación e que non deixa indiferente a quen o le.
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES