Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por unha Semana de Cine...

jueves, 21 de septiembre de 2023
Sempre existiron persoas que o grupo maioritario considerou diferentes, entre elas as que teñen limitacións físicas que a sociedade valora negativamente. Ao largo dos máis de cen anos de vida como espectáculo público, o cine recorreu á súa utilización. A Semana de Cine actualiza os recordos, por iso quero comentar o que significou a do Por unha Semana de Cine...ano 95. Estou a referirme á Semana XVII, na que Auxilia tentando facerse presente en todos os ámbitos contacta co Grupo Fonmiñá para ver de incluír un ciclo sobre a problemática da discapacidade que servise de Campaña de mentalización. A proposta foi recollida con sensibilidade e entusiasmo brindando todo tipo de facilidades. O título «Entre el terror y la soledad: los minusválidos y el cine», tomado do libro de Jesús de Benito Gil e incluído na serie Materiales para la integración, non parecía moi afortunado, pero era o reflexo dun panorama social que empezaba a cambiar por un tratamento máis real e máis humano.

Coas películas: Mi vida, La larga noche de los bastones blancos, Mi pie izquierdo, El aceite de la vida, Alguien voló sobre el nido del cuco e Herman abordáronse temas como: a realidade da marxinación social, a loita pola superación persoal, o papel da familia, a denuncia de situacións, a superación de complexos, as ansias de vivir e a forza do amor. Tamén aproveitamos para denunciar as barreiras á hora de ir a centros de cultura, ocio ou tempo libre.

A nivel nacional AUXILIA celebraba unha reunión xeral de todos os Núcleos, coñecida como Pleno, na que se informaba das actividades do ano. Entre outras cousas, detallei como novidade a experiencia da «Campaña de mentalización social: participación en una Semana internacional de cine». Ao rematar o meu discurso, escoitei o comentario: «Eso no es Auxilia». A resposta tampouco me pillou de sorpresa xa que non era a primeira vez que chamaba a atención a relación que tiñamos cos medios de comunicación e a súa implicación na nosa dinámica. Actividades que para Lugo eran habituais, para os demais eran descoñecidas. Con todo, algo debeu quedar no ambiente porque me pediron, para o meu asombro, responsabilizarme de iniciar o tema. Foi un ano de traballo intenso no que, como membro do Consello Directivo, mandei unhas nocións do que considerábamos que debía ser a acción exterior, cuestionarios, unhas pautas para ver as súas posibilidades, etc.

Sobre a base do cine como un medio máis de mentalizar e insistindo que todas as iniciativas son válidas e necesarias se nos axudan a cambiar conceptos, no Pleno do ano seguinte, o XXIV da Asociación, presentei o relatorio: «Acción exterior: necesidad e importancia» con cinco apartados: introdución, definición, situación actual, posibilidades e conclusión, acompañado dun informe da nosa presencia exterior. Pouco a pouco foise dando certa apertura e, o que empezou sendo un punto de discordia, rematou coa necesidade de promover unha Coordinación General de Acción Exterior.

Seguimos a loitar por un cambio social que contemple a inclusión e cuestione os conceptos de normalidade. Ante unha actitude de rexeitamento cabe promover a cultura da diversidade presentando as dificultades, pero tamén as posibilidades. Unha vez máis quero mostrar o agradecemento ao Grupo Fonmiñá que na Semana 45 volve estar presente coa súa homenaxe a unha Auxilia-Lugo que xa cumpriu os cincuenta anos. Tamén Parabéns por manterse firme no proxecto de achegarnos ao cine e lembrarlle con gran satisfacción que «Por unha Semana de Cine... cambiou, en parte, o rumbo de AUXILIA».
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES