Ferramentas maravillosas
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 21 de septiembre de 2023
Para defenderse ben na vida precisamos unas ferramentas que nos permitan realizarnos persoal e socialmente.
A primeira ferramenta é un regalo que non ten prezo: A VIDA.
Se non viñeramos a esta vida non teríamos opción a nada.
Pero tivemos a sorte de vir no seo dunha determinada familia que nos ofreceu o mellor que tiña.
Ser de boa familia é unha sorte moi grande porque da familia biolóxica herdamos, ademais dos xenes, uns valores que marcarán a nosa vida.
A FAMILIA é unha boa ferramenta coa que nos unen os vínculos do sangue, do amor, do cariño, da convivencia...
Hoxe en día hai familias de varias maneiras porque a sociedade está cambiando constantemente e, neste momento, non se sabe moi ben cara a onde quere ir...
O QUE SI ESTÁ MOI CLARO É QUE SE NECESITA ESTABILIDADE FAMILIAR.
AFORTUNADAMENTE HAI FAMILIAS MOI BEN ESTRUCTURADAS CON BASES MOI SÓLIDAS QUE SON UNHA PALANCA IMPORTANTÍSIMA PARA PREPARAR UN FUTURO SEN GRANDES SOBRESALTOS.
Ademais da vida e da familia, que nos veñen dadas, temos que ir adquirindo outras moitas ferramentas para o noso desenvolvemento como persoas maduras.
Algunhas desas ferramentas poden ser:
-HÁBITOS DE ORDE E HIXIENE TANTO FÍSICA COMO MENTAL: unha casa ordenada di moi ben dos seus moradores e se ademáis teñen ordenada a súa mente e saben discernir o ben do mal, moitísimo mellor.
-OPTIMISMO: que nos permita ver a vida con esperanza sabendo encaixar as diferentes pezas que compoñen o puzle da mesma. Unha persoa optimista non se derrumba, loita por ver o lado positivo da vida e segue avanzando.
-BO HUMOR: un sorriso nos beizos alimenta a alegría de vivir.
A fin de contas a vida é unha festa de valor incalculable que se nos regala para disfrutala según os talentos propios de cadaquén.
-XENEROSIDADE: un corazón xeneroso está sempre disposto a compartir axuda, alegría e ganas de vivir sen medo ó futuro.
-DESEXOS DE CONSTRUÍR UN UNDO MELLOR: sensibilizándose co sufrimento e a dor das persoas máis necesitadas para que todos poidamos levar unha vida que nos permita ser felices sen grandes diferenzas sociais.
-MODERACIÓN: consumindo o necesario sen derrochar para que a natureza poida recuperarse.
Últimamente, estamos consumindo máis do que a nai natureza pode ofrecernos.
Estamos agotando os recursos naturais e despois...
¿De que van a vivir os que veñen detrás?
-SOLIDARIEDADE: cos de cerca e cos de lonxe.
Cos de cerca porque ó noso carón hai moitas máis necesidades das que saltan á vista: además de estreitura económica hai persoas ó noso carón que sofren soidade, incomprensión, falta de amor...
E tamén cos de lonxe porque mentres que uns países derrochan, outros pasan moita necesidade e morren de fame.
O MATERIALISMO E O CONSUMISMO BOTAN A PERDER MOITAS VIDAS:
Botan a perder a vida dos "ricos" porque a materia nos sacia o seu interior e son moitos os que acaban mal.
E botan a perder a vida dos pobres porque xa non teñen onde caer mortos.
Se fixeramos un uso adecuado das ferramentas que a vida nos dá: sentiríamonos todos ricos porque reinaría o amor entre nós e seríamos felices.
De tódalas ferramentas, as máis valiosas son o AMOR E FE.
ONDE HAI AMOR, HAI FE NUN FUTURO PROMETEDOR.
E ONDE HAI FE, REINA A ESPERANZA; E A ESPERANZA NUNCA DEFRAUDA.
"AMOR E FE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora