Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E tí que sabes disto?

miércoles, 20 de septiembre de 2023
Narón 16/09/2023.

A Diocese de Mondoñedo-Ferrol,coma todas as entidades, comezouas actividades para a nova xeira. E para a súa posta a puntono próximo curso inclúen novos nomeamentos. E tí que sabes disto?Entre eles, figura este: "Por todo y en virtud de nuestras facultades, por las presentes nombro a doña Nieves Espiñeira Medín, como Delegada Episcopal de Pastoral Penitenciaria, con todas las facultades, derechos y deberes inherentes dicho cargo, a tenor del vigente Código de Derecho Canónico"... Dado en Ferrol, a 12 de agosto de 2023 (BBO)... Fernando, Bispo".

Ata aquí todo normal, incluso se pode dicir que habitual hoxe, menos para alguén que non concibe que apareza aí unha muller, cando "o normal", antes, era que fose un cura.
E mesmo por iso, con toda sorpresa para si mesmo e sen maldade algunha lle fixo a pregunta, así de directa: E ti que sabes disto?

E con esa mesma candidez cómpre dar unha cumprida resposta porque que este interrogante non é novo na nosa Igrexa. Aparece no mundodesde o comezo. Xa lla fixeron ao mesmo Xesús de Nazaré os seus propios paisanos: "E logo de onde lle veñen a este esa sabedoría e eses milagres? Non é o fillo do carpinteiro? Non se chama María a súa nai; e seus irmáns Santiago, Xosé, Simón e Xudas? E súas irmás non viven connosco? Entón ¿de onde lle vén todo isto? (Mt 13,55-56).

Non é o único que pregunta polos cambios na nosa Igrexa. Oxalá preguntasen aínda máis e coa mesma sinceridade. Non hai moito chegou cabo de min un grupo de rapaces para faceren un traballo para a clase de relixión na escola: "Ti que opinasde que agora, os domingos, como non hai curas que se encargan mulleres de faceren" A Liturxia da Palabra, dar a comuñón, e axudaren a organizarena semana que ven, xunto cos fregueses e o cura encargado das parroquias que lle toca levar, preparándose antes cos grupos, todos xuntos?"

Eu devolvinlles a pregunta. E por que non? Cal é o resultado? Entre todos tivemos logo un coloquio sereno e ben xeitoso. E levaron unha boa cualificación no traballo. Pero, sobre todo, abríronselles novas perspectivas. Axudeilles a buscar en esta intervención do Papa Francisco, para que a incluísen no traballo como cita de autoridade no maxisterio e de comuñón dentro da Igrexa universal: "É tempo de pastores e leigos camiñarenxuntos, en todas as áreas da vida da Igrexa, en todas as partes do mundo! Os fieis leigos non son 'convidados' na Igrexa. Están na súa casa, por iso son chamados a coidar da súa propia casa. Os leigos, e especialmente as mulleres, deben ser máis valorizadas nas súas competencias e nos seus dons humanos e espirituais para a vida das parroquias e dioceses". (VaticanNews. 18 feb 2023).

E tamén lles dixen: Isto quer dicir que debemos ir preparándonos todas/os debidamente para coidar do que é de todos. As cousas teñendefacérense ben e con preparación Por iso Nieves, fixo ben en incluír coa a súa experiencia persoal o currículo acreditativo e apropiado:
"Nai de familia. Avoa de 6 netas/os. Xubilada do mundo empresarial. Formación: Experta en xestión empresarial. Experta en xestión de recursos humanos. E nos eidos pastoral e penitenciario: Voluntariado no Centro Penitenciario de Teixeiro, desde 2016. Diplomada en intervención clínica y psicosocial en el anciano. ICEPS. (A distancia) Las Palmas de Gran Canaria, 2001). Diplomada en Pastoral Penitenciaria. Instituto Superior de Pastoral, UPSA-Madrid. (2019). Formación de voluntariado en cárceles. Xunta de Galicia (2016). Curso de acompañamento de persoas en reclusión. Xunta Galicia (2007).
Parabéns a Nieves Espiñeira Medín. Pero sobre todo a D. Fernando, o noso bispo, e a todo o mundo da Pastoral Penitenciaria e á Diocese. Trátase certamente dunha Boa Nova, xunto coa da apertura desa nova Casa de Acollida para poderen viros días de permiso os presos que non teñen familia.
Sigamos avanzando: Os tempos son chegados, cantamos no noso himno.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES