Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Folga

miércoles, 11 de febrero de 2009
Se alguén non o remedia, e parece que non hai interese en remedialo, vai haber por primeira vez na historia folga na Administración de Xustiza.

Soa raro en principio que vaia producirse unha folga así. Como soaría raro que unha corporación municipal se puxese en folga, ou a garda civil ou a policía nacional. Parece como se unha discusión laboral ou de organización puxese en cuestión e en pé de guerra a todo un pilar do estado de dereito, que segue funcionando con arreglo á división de poderes nos estamentos Lexislativo, Executivo e Xudicial.

Non será o lexislativo o que se poña en folga, tense afirmado, porque os seus membros establecen as normas polas que se rexen, incluso os emolumentos. Do executivo, o mesmo pasa, que está composto polos que toman as decisións. Pero no xudicial non pode entenderse a folga dun colectivo, que como colectivo constitúe ese poder senón individualmente. E parece lóxico que, como calquera traballador, un xuiz se poida poñer en folga como pode plantarse un secretario xudicial ou un administrativo dun xulgado.

Plantean os xuices o seu papel como traballadores por conta allea, sen horario, sen medios, presionados socialmente, e queren do goberno a modernización da xustiza e poder traballar con tranquilidade. A esto suman tamén reivindicacións económicas como calquera traballador.

Haberá folga e non pasará nada grave. Cifras de paro nas que, como sempre, non estarán de acordo o colectivo dos folguistas e o goberno, tira e afloxa, negociacións, e solución final que non contentará de todo pero si será satisfactoria para as dúas partes cos que todos sairemos gañando.

Parece un paso máis na afirmación democrática deste país. Os xuices plantean reivindicacións, defenden os seus postos de traballo e a dignidade da profesión. E non pasará nada grave. O Estado seguirá en pé. Agardemos que todo sexa polo ben da Xustiza.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania