Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Curiosidades Valuras (78)

viernes, 29 de septiembre de 2023
Os cans doentes

Nun xornal rexional de Vilagarcía do ano 1909, a principios de século, atopamos unha nova bastante curiosa no lugar da Ponte de Lugo e referida aos cans doentes:
En el Puente alcanzó a un niño y le mordió en una mano. Unos paisanos de este barrio Curiosidades Valuras (78)salieron al encuentro del perro, y al querer este entrar por una ventana en la casa llamada de la Concha, uno de ellos, José Cabarcos, conocido por el Baluro, asestóle un golpe con una hoz consiguiendo darle muerte.

Cóntanos Eladio Rodríguez que en Galicia había un pánico xeneralizado aos cans doentes (enfermos de rabia), razón pola que cando atopaban a un, xuntábase toda a xente do pobo con paus, fouces, galletas, raños e sachos para darlle caza e matalo. Se o can roía a un, levábano a unha fonte e se na auga do pío se reflectía a figura da cabeza dun can era sinal de que estaba infectado. Penso eu que non era cuestión de ver a cabeza do can, senón que o mordido tíñalle fobia á auga, sinal de que estaba posuído pola rabia.

Santo Outelo é o que protexe e cura da rabia as xentes mordidas por un can doente. Dábaselle unha infusión de "cinamomo" ou árbore da rabia, levando a citada infusión parte da casca, flores e follas sen deixar de recitar algún ensalmo.

En Guitiriz (Lugo), podía ir á capela de Bascuas en San Salvador de Parga, capela na que existían e existen dúas chaves que se queimaban e poñían ao lume vivo para logo marcar na fronte á persoa afectada e así curala.

Os enfermos de rabia convertíanse en hiperactivos e excitados, tiñan hidrofobia -medo á auga- e, ás veces, aerofobia -medo ás correntes de aire e ao aire libre-; a morte aparecía aos poucos días por paro cardiorrespiratorio. Estes son os síntomas da chamada RABIA FURIOSA, porque hai outro tipo de rabia, a RABIA PARALÍTICA na que se van entumecendo os membros máis próximos á roedura e vaise entrando en coma lentamente antes de falecer.
Salve Valuria!


NOTAS:
GALICIA NUEVA. Periódico regional, primer diario de Villagarcía. Ano III. Nº 630. Ano de 1909, abril, 21.

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES