Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Curiosidades Valuras (77)

viernes, 22 de septiembre de 2023
Valuro atropelado por un tren

No ano 1902 e no xornal El Diario de Pontevedra, que ten como lema "Periódico Liberal", atopamos o día 6 de marzo unha noticia que leva por título "Suicidio en Lugo" e que nos parece curiosa por ser o protagonista un Valuro traballador, que non dedicado ás malas artes coas que moitos asimilaban a palabra valuro. A continuación transcribimos a noticia completa:
Curiosidades Valuras (77)
Al pasar por el punto llamado "Paraday" el tren mixto ascendente de ayer arrolló a un vecino de la carretera de la Coruña, llamado Ramón Pérez y conocido por El Baluro.
Parece que este desgraciado hombre, efecto de una crónica y dolorosa afección que hace tiempo padecía, atentara varias veces contra su vida, y ayer, momentos antes de llegar al puente de Romay el tren mixto que a las doce y media viene de la Coruña, pasó por la vía cerca de Paraday y al llegar a una pequeña trinchera inmediata al paso a nivel, en un recodo de la vía, se acostó sobre esta con la cabeza hacia el paseo y las piernas para dentro.
Vino el tren y por la curva no fué posible que el maquinista pudiera verle hasta estar casi encima de la máquina.
Cruzó sobre el vientre del infortunado suicida todo el convoy, quedando horriblemente destrozado el cuerpo, que ofrecía el aspecto de una masa informe. La máquina arrastró al infeliz lo menos dos metros, antes de que las ruedas pasaran sobre él.
El Baluro había dejado arrimada á una pared próxima, su capa y el sombrero.
Es casado y su esposa hállase también enferma, dejando una hija casada.


Como vemos, este tipo de periodismo está cheo de detalles ás veces inconcebíbeis hoxe. Pois parece como se o xornalista, lucido polos detalles, tratase de facer a noticia máis rechamante e achegouse así ao xornalismo sensacionalista. Mais a todo sempre hai quen gana porque a mesma noticia aparece noutro xornal chamado La Idea Moderna, que tiña como lema "Diario democrático en Lugo" do día 4 de marzo do mesmo ano e no que aparece a mesma redacción da noticia e incrementada polo que segue, o que nos leva a pensar que a noticia é feita en Lugo e non en Pontevedra:
Según nos informaron, la dolencia que sufría era pertinaz y tan dolorosa que frecuentemente se quejaba, viéndose el pobre, imposibilitado para trabajar, desde hace tiempo, en su oficio de pizarrero. El juzgado estuvo en el lugar del suceso, procediéndose al levantamiento del cadáver.
A noticia está escrita con todo tipo de detalles, chámanos a atención o feito de que o Valuro fose louseiro, pero o que máis nos chama a atención é o feito de que deixou a capa e o sombreiro arrimados a unha parede próxima, prendas que hoxe non se levan, aínda que o sombreiro parece volver a recalar, a capa é unha prenda obsoleta que xa empregaba o pobo celtibero e que se denominaba "sago". A capa e o toureiro son comúns na media Hespaña do sur porque a cor vermella do interior da capa facía o servicio para tourear cando os españois-toureiros o tivesen a ben nas prazas dos pobos, ou así é como aínda hoxe nos ven os estranxeiros, é razóns, como vemos, non lles faltan.
A capa é unha prenda de vestir típica de curas e cristiáns, foi prohibida por Carlos III para facilitar a identificación dos viandantes e mellorar así a seguridade pública; esta reforma desembocou, entre outros problemas, no Motín de Esquilache. Este marqués e ministro de Carlos III pretendía erradicar dunha maneira absoluta a capa longa e o "chambergo", que era un sombreiro de ás anchas e gacho. A razón estaba en que tanto a capa como o sombreiro permitían pasar desapercibido chegando ao anonimato, propiciando todo tipo de delitos, violacións e desordes, tal e como se di no bando do 10 de marzo de 1766.
A capa no século XIX converteuse en símbolo de elegancia aínda que sempre foi unha prenda que imprimía respecto, por iso era habitual nos actos relixiosos e oficiais. Tivo moito esplendor nos séculos XVII, XVIII e XIX e trátase dunha prenda feita en pano e tecida con la de ovella. Esta prenda aparece na literatura española de autores como Cervantes, Quevedo, Lope, Pérez Galdós ou o noso Valle-Inclán e en cadros de Velázquez, Murillo ou Goya e prenda ao que o Valuro, o mesmo co sombreiro tiña en moito aprecio.
Salve Valuria!

NOTAS:
EL DIARIO DE PONTEVEDRA. Periódico liberal. Ano XIX. Nº 5331, 6 marzo, 1902, Páx. 2.
LA IDEA MODERNA. Diario democrático de Lugo. Nº3363 (04/03/1902) Páx.2 .

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES