13. Cruz do Cemiterio
Parroquia: O Viveiró.
Lugar: A Igrexa.
Coordenadas U.T.M.: X: 611.090 Y: 4.816.328.

Esta manifestación relixiosa está situada no interior do cemiterio de O Viveiro. No seu conxunto cómpre facer alusión ás seguintes partes nunha orde ascendente:
Unha plataforma granítica, de forma paralelepipeda, que serve de soporte a unha base tamén granítica e paralelepipeda, que amosa nos flancos da súa parte superior dúas molduras cóncavas; nunha das súas caras lese a seguinte inscrición:
"ABRILL D/
1979"/.
A base prolongase nunha cruz latina, de sección cuadrangular, e con pequenos rebaixes nas arestas. Na intersección dos brazos lonxitudinal e transversal, e na cara que da ao cemiterio lese a seguinte inscrición:
"FRANCISCA/
CARBALLAL".
14. Cruz do Rego das Mulleres
Paroquia: O Viveiró.
Lugar: Porxestas.
Coordenadas U.T.M.: X: 610.853 Y: 4.816.145.

Esta manifestación relixiosa, de dominio descoñecido, está colocada á beira dun camino cuberta de maeza.
Dende unha óptica artística consta de dúas partes claramente diferenciadas e dispostas nunha orde ascendente do seguinte xeito:
Unha base monolítica, granítica, e de forma paralelepípeda, Sobre esta prolongase unha cruz latina, monolítica, de considerables dimensión, que amosa unha sección cuadrangular nos extremos e oitavada no resto; ademaís, mostra tamén un tipo de cruz potenzada nos extremos dos brazos e da cabeceira.
A cruz non presenta efixies.