Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Regulacións de emprego

martes, 10 de febrero de 2009
Agora chámase E.R.E. (Expedientes de Regulación de Emprego) a eses mecanismos cos que as empresas suspenden temporalmente os contratos dos seus traballadores. E cos E.R.E. preténdese solventar pequenos ou non tan pequenos problemas como a escaseza de traballo polo que a empresa non vai necesitar determinado persoal durante un tempo establecido.

Por eso os ERE menudean e máis que o van facer derivados da situación económica, problemática en xeral ed especialmente dura para algúns sectores como o do automóbil.

Comisións Obreiras anuncia Eres nos próximos meses en todas as empresas galegas de automoción como solución temporal á retracción do mercado, ós que o Sindicato non vai poñer problemas sempre que non signifiquen un subterfuxio empresarial para reducir o número de empregos ou peche de actividade.

Estes expedientes significan para os traballadores sunha suspensión das actividades pero non diminución dos seus ingresos nin perda de dereitos diante da Seguridade Social, que responde das cantidades que a empresa deixe de aboar mentras dure a espeical situación laboral.

Do mesmo xeito que vivimos unha crise anunciada á que o estamento oficial parecía non agardar e só foi asunmida cando chegou con toda a súa dureza, a perspectiva laboral nestes momentos é moi problemática pero non a imos percibir en toda a súa realidade ata que pase a data do un de marzo, de eleccións autonónimas, despois da que o novo executivo vai ter que afrontar unha situación diferente para a que xa non caben parches e hai que dar solucións dunha vez por todas.

Porque as regulacións de emprego son só parches temporais en tanto se solucionan determinados temas puntuais. Pero vista a situación xeral, as empresas non van solucionar os seus problemas co cese temporal da súa produción e o pase dos custos laborais á seguridade Social. Para uns meses vale pero fan falla accións moito mais profundas e coordinadas para que esto -todo- se estabilice e mellore.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES