Evitando males maiores
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 14 de septiembre de 2023
Estes días estamos de estreo dun novo cuso escolar cheo de ilusións e proxectos.
Ábrese ante o alumnado e ante a sociedade en xeral un curso cheo de saberes que haberá que ir asimilando para seguir avanzando en coñecementos e maduración persoal.
SOBRE TODO EN CANTO A MADRACIÓN PERSOAL PORQUE SE NON IMOS MADURANDO COMO PERSOAS DE POUCO NOS VAI VALER A ADQUISICIÓN DE COÑECEMENTOS.
Os coñecementos teñen que servirnos para o noso enriquecemento interior, para ter máis capacidade para discernir o que máis nos convén, para ser persoas de bo obrar.
O QUE NECESITAMOS É DAR CALIDADE Á NOSA VIDA.
Calidade non é ter de todo.
Calidade non é poder ir de vacacións a non sei onde.
CALIDADE É SER:
- SER DONO DAS TÚAS ACCIÓNS SEN QUE TE LEVE "A CORRENTE".
- SER DONO DOS TEUS PENSAMENTOS AÍNDA QUE VAIAN COSTA ARRIBA.
- SER DONO DAS TÚAS PAIXÓNS.
- SER DONO/A DE TI MESMO/A
CALIDADE É SABER:
- SABER O QUE QUERES FACER COA TÚA VIDA.
- SABER QUE TIPO DE PERSOA ASPIRAS A SER.
- SABER SER HUMILDE E MANSO DE CORAZÓN.
- SABER QUE OS OUTROS SON PERSOAS IMPORTANTES NA TÚA VIDA QUE ESTÁN AÍ PARA AXUDARCHE E ENSINARCHE A SER MELLOR.
- SABER QUE TODOS PRECISAMOS SER COMPRENDIDOS.
- SABER DAR TEMPO Ó TEMPO.
- SABER QUE HAI UN SER SUPERIOR QUE RIXE O UNIVERSO.
- SABER QUE NON ESTAMOS SÓS.
- SABER QUE NO MUNDO HAI SITIO PARA TODOS.
- SABER QUE ESTAMOS DE PASO.
- SABER QUE TODOS PRECISAMOS AMAR E SER AMADOS.
- SABER QUE É POSIBLE UN MUNDO MELLOR.
Con estes e outros moitos valores parecidos a estes, deberíamos enfrontar este novo curso para que ó rematalo poidéramos decir que o mundo que nos rodea mellorou un pouquiño.
SE NO FOGAR SE NOS INCULCARAN UNS VALORES, A VIDA SOCIAL SERÍA MOITO MÁIS LEVADEIRA PARA TODOS:
- Non habería que falar de bulling nas aulas.
- Non habería que falar de violencia nas rúas.
- Melloraría a covivencia.
- Melloraría o benestar.
- Melloraríamos nós.
Seríamos máis felices, que a fin de contas é do que se trata.
Evitaríamos males maiores.
¿NON TEN A VIDA MESMA BASTANTES MALES?
¿NON PODERÍAMOS EVITAR ALGÚNS?
Se encaramos este curso con estes bos propósitos:
- Seguro que baixa a tensión nas aulas.
- Seguro que se respira máis tranquilidade na rúa.
- Seguro que mellora a harmonía na familia.
- Seguro que nos sentiremos mellor.
Á VIDA NON VIMOS PARA COMPETIR.
Á VIDA VIMOS PARA COMPARTIR.
- Compatindo bondade, evitaremos maldade.
- Compartindo alegría, facemos a vida máis feliz.
- Compatindo bo humor, a vida colle mellor color.
- Compartindo boa fe, todo medra.
Temos unhas ferramentas maravillosas que están ó alcance de todos.
"FERRAMENTAS MARAVILLOSAS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora