Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónica dunha morte anunciada

lunes, 09 de febrero de 2009
O afundimento do palangreiro “Abrente” no porto de Vilagarcía.

Comezo este artigo co título do famoso libro de Gabriel García Márquez, un dos escritores que máis admiro.. Neste caso non vou escribir sobre a morte de Santiago Nasar protagonista desa impresionante obra do citado autor. Falo desa morte anunciada fai tempo, doutro protagonista, do xa finado “Abrente”.

Remato de lembrar e ler un artigo asinado por este sinxelo “escribidor de cousas” en o Diario de Arousa do día 09-03 do 2003, co título “Unha necrópole de buques”, onde facía unha exposición da “chatarra” que nos viñan deixando as apresións de buques por mercancías ilegais.

Se non recordo mal, cando colleron ao “South Sea”, coido que en augas de Canarias, tiveron o santa cativeza de traelo para este santo porto. Non quero nin lembrar (vergoña allea) a parafernalia que fixeron ao entrar o buque na Ría: helicóptero, lanchas ao seu carón, montaxe en terra como se fora unha película de Miami. Todo isto para algúns polítiquillos saír na foto e ao mesmo tempo dar unha sensación negativa cara a cidade de Vilagarcía. Coido que sería mellor deixalo onde o colleron e levalo a Canarias, pero non, tiñamos que gastar máis diñeiro en traelo a este porto por intereses moi escuros.

O do “Abrente” xa non te nome, oito anos este cascabello atracado ao peirao cunha historia macabra cando plantou lume no 2003 cunha víctima mortal. Daquela ninguén foi responsable e non se tomaron medidas. Por veces párteseme o beizo de risa cando algúns organismos públicos e políticos de profesións diversas de terra dentro, falan con aquelas bocas cheas da seguridade do mar. Que temos que cumprir as normas, que os barcos teñen que pasar tódalas revisións habidas e por haber. Estou dacordo que se cumpran todas esa normativas e leis para unha mellor seguridade do mar, iso non ten volta de folla. Pero que esas mesmas normativas que obrigan ao persoal do mar a cumprilas, os mesmos organismos públicos que tiveron e teñen responsabilidade na seguridade do “Abrente” nestes últimos oito anos, esa seguridade brillou pola súa ausencia.

Quizais a Autoridade Portuaria de Vilagarcía non tiña porque tragar este e outros buques no seu porto e facer de “mamᔠdos outros organismos oficiais que “impuxeron” ou suxeriron os atraques destas “chatarras con parafernalia incluída”. Coido que a súa responsabilidade estaba en forzar ao máximo a que a Audiencia Nacional, Fomento (Capitanía) e outros estamentos implicados, tomaran dunha vez por todas unha resolución definitiva xa fai anos. A min me consta que cando estaba de presidente Xesús Paz, e son testemuña diso, que fixo o imposible para sacar esta “chatarra”, falando con todo “quisque” dos devanditos estamentos, pero sempre atopou en fronte a burocracia política; os cabreos eran impresionantes.

Agora que foi a pique o palangreiro, xa atoparon un responsable con nome e apelidos unha persoa de nome Andrés García que puxara polo barco fai uns meses.

Eu me fago unha pregunta. ¿ Esta persoa seguiu tendo os mesmos problemas burocráticos-políticos para intentar o desmantelamento do palangreiro?. Se isto foi así, a cousa é de vergoña e ao mesmo tempo sangrante.

Por iso que intentar cargarlle o marrón por unha lei, que non discuto, (segundo o avogado do estado) non parece de recibo. Unha cousa é a lei, outra o sentido común e neste caso non se aplica este sentido que temos os humanos.

Xa que se fala de acatar a lei, cantas veces nestes oito anos os devanditos estamentos oficiais non a cumpriron nesta morte anunciada do “Abrente”.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES