Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 06 de septiembre de 2023
O sinxelo

Bo día. Ou boa tarde. É igual; os galegos facemos o que nos sae daquel sitio. Son galego. Deixade que me presente. A miña nai inscribiume como Ildefonso e meu pai como Afonso. Axiña chegaron a un acordo simple: Ildefonso Afonso Vacaloura Boimorto. Como o digo. Como o escribo. Mais os veciños logo fixeron uso da retranca: O Sinxelo. Os meus pais botaban lume polos ollos porque sabían que, habendo alcumes polo medio, adeus nomes. Nin Ildefonso, nin Afonso e moito menos Ildefonso Afonso. Por un lado estívolles ben; a quen se lle ocorre formar un composto desa maneira.
Pingas de Orballo A min non me importa que me chamen O Sinxelo. Eu respondo de calquera maneira. Mesmo cando me berran: Eh, ti! Sempre fago caso. Incluso cada vez que me chaman por calquera dos apelidos en plan burlón. Tamén sei que non son normais, pero... É difícil atopar algo normal nestes tempos. Como o que me pasou o outro día cando quixen ir á praia a Sanxenxo: que entre paréntese tiven que especificar Sangenjo para os casteláns. Eu, que son de Vilardecás (Villar de Canes para os do outro lado do Padornelo), alá polo concello de Maceda. Esperade que chega o mellor: casei cunha muller de Nogueira de Abaixo (ou sexa, Nogal de Abajo), alá polo concello de Baños de Molgas.
Como non quero meterme cos bilingües (por certo, por que se chaman bilingües cando só usan e falar o castelán?), sigo dicindo que o día que me pariu miña nai seica veu unha saragana tan grande que semellaba que se acababa o mundo. Non se acabou. A proba está en que aquí estou para contalo. Son O Sinxelo, o fillo dos Complicados. Todo é como é.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES