Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Freixo farturento

jueves, 31 de agosto de 2023
Manso estás e meditando,
vivo e en paz no meu lameiro,
no teu centro concentrado,
es frondoso e firme abeiro.

Os teus fondos liban auga,
bela noiva desta terra.
Feliz ti no teu fogar.
Moitas vidas tal quixeran!

Vida deches e estás a dar
de ti mesmo e do que tes
a quen pasa e a quen non.
Así é como ti es.

Do teu corpo, do teu ser
moito deches, miña prenda,
dende os tempos máis antigos
ata esta primavera.

Se o teu carro cantar quere,
-proclamaban os labregos,
que a ti moito te querían-
has botar de freixo o eixo.

Así eles o facían
dende tempo inmemorial.
A morriña asolagoute
des que carros xa non hai.

Dende a altura do teu cumio,
olla ó lonxe, sabio freixo!
Berra entón con afouteza:
"Vinde, vinde, vinde presto!

Amodiño heivos contar
que vivir tan só vos hai
cando vida todos teñan
hoxe, onte e mais mañá!

Onda vós eu estarei,
frescor dando e seguranza;
tamén leña pra quecerdes
dende a noite á alborada".
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES