Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Concentrar concellos

viernes, 06 de febrero de 2009

Galicia ten moitos concellos. Pero a súa dispersión esixe unha atención descentralizada, máxime se temos en conta que os servizos que estas entidades prestan son os máis básicos e esenciais para os administrados.

Nos últimos tempos téñense creado concellos e non suprimido. Cariño na provincia da Coruña e Burela na de Lugo son exemplos ben recentes de nacemento de novas institucións municipais, forzada polo crecemento de entidades que foron parroquias pero precisaron organizarse institucionalmente para responder ás necesidades derivadas do nacemento de pequenas cidades.

Quintana ven de falar na campaña electoral de que as deputacións provinciais deben desaparecer por entender que son organismos artificiais dentro da realidade galega e aboga pola fusión de concellos con menos de dous mil habitantes, que atopan grandes dificultades para a prestación de servizos básicos.

Sobre o das deputacións, haberá que agardar, e mesmo o Bng incardinado nestas institucións está obtendo abundante rendemento político do goberno das áreas que ten encomendadas.

O de concentrar concellos é máis problemático porque ninguén quere pasar a ser dependente doutro concello inmediato e máis poderoso ou máis grande.

Poden os concellos ser pequenos, e agruparse para soster a secretaría xeral, ou para a prestación dalgúns servizos. Pero concentrar concellos, suprimindo os máis pequenos, vai ser ben problemático.

As grandes cidades, especialmente Vigo, absorberon concellos inmediatos porque a cidade foi medrando e invadíndoos. Non é o caso actual, e a nosa idiosincrasia minifundista unida á sobrevaloración da propiedade –mesmo a inmaterial- xunto con outros moitos factores concurrentes neste tema fan inviable por moito tempo que desaparezan os pequenos concellos. Haberá que buscar outras fórmulas que conxenien os temas económicos cos sociais, e para eso están os políticos, para buscar solucións.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES