Conservando e mimando
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 31 de agosto de 2023
A historia da humanidade non se escribe nun día, nin nunha xeración, nin nunha ducia, nin nun cento de xeracions.
Vaise escribuindo ó longo da vida desde que temos noticia da aparición do ser humano sobre a terra.
Hai etapas de máis esplendor que outras, según as circunstacnias; pero todas forman parte desta nosa civilización.
Cada xeración aprende algo sobre a historia pasada e vai escribindo unha nova páxina.
A PÁXINA QUE NOS TOCA OS DESTES TEMPOS POSTMODERNOS NON É NIN MELLOR NIN PEOR QUE OUTRAS.
É sencillamente diferente.
Sempre hai que estar aberto ós novos avances para aproveitá-las súas ventaxas.
PERO ESTAR ABERTO ÁS NOVIDADES QUE NOS VAIA DEPARANDO O FUTURO NON SIGNIFICA QUE TEÑAMOS QUE CERRARNOS Ó PASADO.
O pasado está aí. Non o podemos borrar da nosa historia.
O pasado é o legado sagrado froito do esforzo de tódolos nosos antepasados que loitaron con tódalas súas forzas por deixarnos unha vida mellor que a que lles tocou de vivir a eles.
E deixáronnos unha vida con moitísimos máis adiantos tecnolóxicos que nos facilitan o día a día.
Moito temos que agradecerlles.
PERO TAMÉN NOS DEIXARON UNS VALORES CRISTIÁNS CON DOUS MIL ANOS DE ANTIGÜIDADE QUE MERECEN SER CONSERVADOS COMO O MÁIS VALIOSOS DA NOSA CIVILIZACIÓN: A CIVILIZACIÓN DO AMOR.
A nosa civilización non é outra que a cristiana.
Que algúns membros cometeran erros, é moito de lamentar; pero entra dentro do normal.
Non hai ningún humano sen tacha.
PERO NO QUE TODOS ESTAMOS DE ACORDO É QUE NON HAI MANDAMENTO MAIOR QUE O MANDAMENTO NOVO DO AMOR UNIVERSAL.
O Noso Señor ben sabía en que mans deixaba o seu MANDAMENTO, por eso lle chamou NOVO.
NOVO MANDAMENTO QUE TEN QUE ESTAR RENOVÁNDOSE CADA DÍA.
E non vale con botarlle a culpa ó clero de tódolos males.
O clero fai o que pode e cónstame que o hai moi santo e moi sabio que nos orienta e aconsella divinamente a quen libremente o queira escoitar.
OS QUE CENSURAN E ATACAN Á NOSA CIVILIZACIÓN, FRACO FAVOR LLE ESTÁN FACENDO.
¿Qué aportan a cambio?
Nada que mereza a pena.
Seguramente non o farán con mala intención; pero
¿NON SERÁ QUE ATACAN OS FALLOS DO OUTRO PARA OCULTA-LOS PROPIOS?
Perfecto non hai ninguén.
A VECES PENSAMOS QUE FACEMOS CRÍTICA CONSTRUCTIVA E SEGURAMENTE ESTARÍAMOS MELLOR CALADIÑOS.
Pero xa se sabe que a lingua non ten cancelas e que actualmente písanse con frecuencia os dereitos dos outros con tal de intentar poñer os nosos por encima de todo e de todos.
POIS A NOSA CIVILIZACIÓN NON DI ESO, DI:
"QUE AMEMOS ÓS OUTROS COMO A NÓS MESMOS".
E para amar ós outros igual que a nós mesmos temos que sentirnos irmáns: fillos dun mesmo Pai ó que ninguén viu pero que:
É O QUE É desde sempre e ata sempre.
Crentes e non crentes: todos levamos inscritos nos nosos corazóns a lei do amor universal.
Admítese que haxa xente atea.
Admítese que haxa quen censure a acción da Igrexa Católica aínda que non teña tanta razón como se cre.
Admítese de que hai persoas que deben ser espello máis nítido que outras; pero se seguíramos o exemplo de tantas persoas crentes que deron e dan o mellor de sí para propagar a Lei do Amor polo mundo adiante...
"MOITO MELLOR NOS IRÍA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora