Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fernández del Riego. O activista que instaura o Día das Letras Galegas que agora se lle dedican.

jueves, 07 de septiembre de 2023
Un intelectual como Fernández del Riego, co que coincides no tempo, chega a nós a través da prensa, dos libros que escribe pero, sobre todo, da emoción que che transmite, a admiración de determinadas persoas!

Eu, accedín a el a través de Mª Dolores Cabrera. A imaxe que me traía del (nos días nos que eu estaba centrada nas bibliotecas escolares) era o dun home singular nese Fernández del Riego. O activista que instaura o Día das Letras Galegas que agora se lle dedican.campo, bibliotecario da Penzol, o gardián do tesouro, o arquiveiro maior de Galicia, o que alimenta a memoria e a identidade. E contábanolo ela, que tamén traballa dende a zona de sombra, dende o anonimato. Non só traballaba e presidía a biblioteca da Fundación Penzol senón que foi socio e presidente de ANABAD - Galicia e formou parte do Consello de Bibliotecas da Xunta de Galicia.

Por outra banda, Francisco Fernández Rei sempre me falou con moita estima deste home que colocou a RAG (Real Academia Galega) no lugar que lle correspondía, que incluso puxo en marcha uns estatutos en base aos que deixou a presidencia ao cumprir o mandato e que creou o Día das Letras Galegas que agora nos toca conmemorar ao redor da súa figura.

Don Paco, como acostuman chamalo, foi máis que escritor divulgador, ensaísta que vai enchendo os baleiros que se deben completar. Pódese dicir que traballou para que outros crearan, construíndo as estruturas que permitirían que publicaran como a editorial Galaxia ou a revista Grial, abríndolles canles en xornais e revistas, dando fe do que outras persoas facían na Hª da literatura, antoloxías, prólogos e edicións, realizando un traballo de bibliotecario e arquiveiro ou de editor. Este oficio de editor, aprendido de Ánxel Casal na editorial Nós, igual que sucedera con Seoane, un deste lado do acéano e o outro en Arxentina.

Un home de referencia dende sempre: con 18 anos celebra o Día da Patria Galega en Lourenzá, colocando a bandeira galega no concello dende o balcón no que pronuncia un discurso e remata co himno galego. Un líder estudantil empeñado na galeguización da universidade, un ardente orador. Participante en toda canta organización está en pé na República: Seminario de Estudos Galegos, Ultreia, Comité de Organización da Asemblea de Concellos no seo do cal se redactaría o proxecto do Estatuto, Partido Galeguista, Galeuzca, Asociación de Escritores Galegos, A Nosa Terra... Profesor axudante na facultade de Dereito. Despois do Golpe de Estado ten que agocharse, o reitor césao quedando inhabilitado para a docencia prohibíndoselle a participación en actividades culturais. Debe incorporarse ao exército sublevado como único modo de salvar a súa vida. Á volta instálase en Vigo e coa axuda de Paz Andrade vai saíndo adiante a pesar das dificultades.

Na posguerra coordina as emisións en lingua galega da BBC de Londres, colabora no xornal compostelán 'La Noche, escribe onde é posible, establece pontes cos exiliados cos exiliados e participa na creación das bases da recuperación cultural de Galicia. Dende aí defende a validez do galego para todas as materias, como exemplo pode servir a publicación en Galaxia da Revista de Economía de Galicia dende 1958 a 1968. Este é un dos puntos nos que Fernández del Riego resulta ser realmente un adiantado ao seu tempo, avanzando en reclamacións que aínda hoxe non se teñen cumprido, tal como fixo coa solicitude de galeguización da universidade que tampouco ten avanzado moito na actualidade.

En 1960 entre na RAG. Alí, fai a proposta de celebrar o Día das Letras Galegas o 17 de maio, a data na que saíu do prelo o libro Cantares gallegos de Rosalía de Castro que supón o comezo do Rexurdimento. Vaise conmemorar a partir de 1963 cando se cumprían cen anos da publicación. Sesenta anos máis tarde, dedícaselle o día a quen como home de acción a puxo en pé. Dende 1997 ata 2001 foi presidente e devolveulle á institución a dignidade que merecía, modernizándoa, alentando aos académicos electos a que ingresaran dando lectura aos seus discursos, introducindo a supresión do mandato vitalicio do presidente e a comisión executiva...

Un traballador silencioso e incansable, un activista cultural. Membro do Consello da Cultura Galega, formou parte da Asociación Internacional de Críticos Literarios, da Fundación Laxeiro, dos Padroados Carlos Maside, Rosalía de Castro, da Fundación Luís Seoane, do Museo do Pobo Galego, do Auditorio de Galicia e do Padroado da Fundación Penzol, presidente do Instituto Galego de Información e da Fundación Otero Pedrayo, presidente honorífico da Agrupación Cultural Galicia Rutas Mágicas, da Fundación Lois Peña Novo e do Padroado Vicente Risco, e Socio de Honra da Fundación Álvaro Cunqueiro.

En 1979 asina con outras sesenta e seis persoas, un manifesto que aglutinaría diversas tendencias políticas baseado na defensa da personalidade de Galicia e o respecto aos seus valores históricos baixo a denominación de Realidade Galega.
Un verdadeiro obreiro do galeguismo, en palabras de Ramón Nicolás.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES